Castrollón non é unha palabra eufónica. Sona mal. Castrallón sona algo mellor, ainda que pouco. Di a Galipedia que
O topónimo galego Castrallón pode referirse
- Castrallón, lugar da parroquia de Nebra, no concello de Porto do Son;
- O Castrallón, lugar da parroquia de Cumbraos, no concello de Mesía.
- O Castrallón, castro na parroquia da Baña, no concello da Baña.
En cambio Castrillón é moito máis eufónico, polo que existen abundantes mostras,
O topónimo galego Castrillón pode referirse a:
- En Galicia
- Castrillón, parroquia do concello do Corgo;
- Castrillón, lugar de dita parroquia;
- Castrillón, lugar da parroquia de Vilapoupre, no concello de Antas de Ulla;
- Castrillón, lugar da parroquia de Maroxo, no concello de Arzúa;
- Castrillón, lugar da parroquia de Viladavil, no concello de Arzúa;
- Castrillón, lugar da parroquia de Lema, no concello da Carballo;
- Castrillón, lugar da parroquia de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei;
- Castrillón, lugar da parroquia da Cerdido, no concello de Cerdido;
- Castrillón, lugar da parroquia da Couzadoiro, no concello de Ortigueira;
- Castrillón, lugar da parroquia da Cabaleiros, no concello de Tordoia;
- Castrillón, lugar da parroquia da Arabexo, no concello de Val do Dubra;
- O Castrillón, lugar da parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz;
- O Castrillón, lugar da parroquia de Coiro, no concello de Cangas;
- O Castrillón, lugar da parroquia de Santa María de Ois, no concello de Coirós;
- O Castrillón, lugar da parroquia de Ribas de Miño, no concello de Lugo;
- O Castrillón, lugar da parroquia de Bretoña, no concello da Pastoriza;
- O Castrillón, lugar da parroquia da Doroña, no concello de Vilarmaior;
- O Castrillón, barrio da Coruña.
- En Asturias
- Castrillón, concello;
- Castrillón, parroquia do concello de Boal.
Temos así unha palabra de tempos de mudanza do celta ao latín, cunha parte latina procedente de castrum e a parte celta, llón, provisión de auga, fonte.
Que está a dicir, entón? En castrillón hai unha fonte ou provisión de auga para o castro (próximo). Aquí tería sentido incluso, que o lón fose de tipo gaélico, non só provisión de auga, senón de comida, o almacén de provisións do castro.
- Log in to post comments