Seimeira

Submitted by admin on Thu, 07/08/2021 - 09:26

É unha palabra celta de construción recursiva que xa lle gustaría desvelar a Chomsky. Que ademais ten xénero masculino ou neutro.

Pero primeiro imos ver algunhas desde novacarta.eu

Estas varias  Seimeiras do Queixoiro

Seimeira de Vilagocende

A Fonsagrada, unha viaxe ás praias e arrecifes do Paleozoico

A Galipedia só a define, de pasada, e o listado de toponimia obvia as de Fonsagrada anteriores (non pasaron por ali recollendo nomes).  Seimeira, como se ve, úsase na zona oriental:

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Seimeira PONTENOVA (A) Vilaouruz (San Martiño)
Muín da Seimeira PONTENOVA (A) Bogo (San Pedro)
Seimeira CERVANTES Ribeira, A (San Martín)
Seimeira PONTENOVA (A) Santo Estevo de Rececende (Santo Estevo)
Seimeira PONTENOVA (A) Xudán (Santa María Madanela)

Pois ben, imos deconstruír a palabra por partes, primeira Se i, El en, Iso en, xa que Se

he »
 
he » sé, El
 
it » Sé, Iso
E agora temos meira, de novo unha palabra enteira que xa desvelamos en Meira e en Meirama, con significado global de fama, xa que se descompón en Me (eu) i(en) ra (dicir, ditos), Eu en dicir significa que ese eu é famoso. Corre nos ventos da fama.
 
Seimeira, Iso en fama, que é unha frase que non vai a ter unha extensión xeral en Galicia porque non di a que se refire. Tes que sabelo previamente para entendelo. Outra cousa sería que fose máis explícita como lonmeira, que sería fonte famosa.
En todo caso, nesa zona oriental, era o máis famoso do que había, unha verdadeira marabilla natural.
Iso destaca o exemplo da definición da RAG "é turístico", famoso para ensinar aos turistas:
seimeira- substantivo feminino Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga. A seimeira é un dos atractivos turísticos que ofrece o nacemento do río.
Pon unha definición que non explica a orixe do nome, pero o exemplo si o explica. Inconscientemente. Hai todo un mundo celta inconsciente en Galicia.