Xa vimos cachón como sinónimo de callón, como fervenza pequena, que di a RAG.
Eu nunca utilicei esa palabra agás na frase "a cachón", obligatoriamente, porque que o dicta a lei da gravidade, porque cae de caixón, poderiamos dicir.
E é a esa frase feita a que vou a utilizar para explicar cachón.
Podería vir, primeira proposta, de cá son Algo así, de onde vén o son, iso é un cachón e acae ben. Con deformación. Así que vou intentalo sen ela:
chón, é unha forma gramatical de cón(di o dicionario aínda que despois a forma que aparece ao declinar cón é chóin). Cón significa cono.
Así, nesta proposta, a ca chón di onde se forma un cono de auga. A auga, pola gravidade e a súa dinámica de caída vai esparexerse, as gotas sepáranse da vertical, visualmente podemos falar dun cono de auga. Os exemplos que pon o dicionario son apropiados ao caso:
Geol:~ bearnaithe, glárach, luaithreamháin, maidhme, breached, alluvial, ash, avalanche, cone. Cono aluvial, cono avalancha.
E a última proposta é a media das dúas. Cachón sona, lembra o són de Casón, auditivo e de cono, unha figura visual da auga caendo.
- Log in to post comments