Incio

Submitted by admin on Fri, 07/09/2021 - 14:41

Incio significa Está sobre, arriba. Ou Na capital. Pasei por alí onte e desde a zona da Praza de España vese o horizonte das zonas próximas todas abaixo. Ver  algunha foto do   Concello O Incio   que o amosa. E esa praza está máis baixa que outras zonas da Vila, por exemplo onde está a residencia de anciáns.

Imos descodificalo.

In

in1, pron. (Form of sin1frequently used after copula) That.

in5 :i2. En     Incluso

in-2, pref. (Lenites b, c, f, g, m, p) Capable of, fit for, fit to be. Que está acollido, situado, que cabe en

cionn

cionn1. 1. ds. of ceann1. 2 = ceann1. Dativo singular de cabeza ou cabeza.

Ceann 1. Head. 2. End, extremity 3. One.  Se unimos 1 e 2 temos está acollido nun extremo da cabeza, nun pico amplo. De aí, está sobre, arriba.

E quizais co matiz que, pode ser, alí asentábase a capital, a curbin cabeceira:

ceann-3, pref. 1. Chief, main. 2. -headed.

Na capital da tribu, da comarca, ....

Non sei precisar máis. Estas traducións requiren tempo e máis datos. Un dato, quizais aclaratorio, é que hai un número amplo de castros no concello (ten incluso rutas dos castros), dos que, si, podería ser a capital e ademais está nun pico alto e amplo, arriba.

En canto aos n finais de cionn, penso que pode ser fácil pasar de incionn a incio, perdendo o son dos n finais, que debeu ser débil. No momento en que a palabra deixa de entenderse.

Por outra banda sabemos que ceann (escrito ceán e ceao) está presente na toponimia galega como xa vimos nas entradas respectivas. O matiz de estar arriba está presente no caso do Ceao de Lugo, xa que é a zona máis outa da cidade de Lugo e proximidades.

Tamén hai que contar  que a wikipedia di que

Toponimia

O Incio procede da forma medieval Onitio, rexistrada dende o século IX.[9]

Que evidentemente non concorda coa miña versión. Xa o expliquei varias veces, o rexistro dun abade do século IX que non entende nin o primitivo galego nin o antigo celta e o traduce ao latín (sabe deus pensando en que palabra próxima ao latín, quizais unha terminación latina, coma ab initio). Son un indicio, un indicio máis a ter en conta para traducilo -un indicio da antiguidade da palabra en si- pero a contorna, o que vés, e a tradución do celta, son tamén factores de peso para inclinarse por unha tradución ou outra.