A Galipedia di que
O topónimo galego Alvidrón pode referirse a:
- Alvidrón, parroquia do concello de Antas de Ulla;
- Alvidrón, lugar de dita parroquia;
- Alvidrón de Outeiro, lugar da parroquia de Vilapoupre, no concello de Antas de Ulla.
Onte fun por ali e vin un Vilares que, segundo o nome, era de cultivo de animais:
Igrexa Parroquial de Santa María de Alvidrón
Vexamos
ál, m. (gs. áil, pl. ~ta). 1. Litter. ~ banbh, litter of pigs. S.a. arc1. 2. Brood. ~ sicíní, clutch of chickens. ~ páistí, swarm of children.
Camada, cría (de porcos, Albán), vaia, unha granxa.
Bi-existe
dron, a1. 1. Lit: Solid, firm; sound, thorough; downright. 2. Geom:Arch: Right, straight. sólido, firme; son, minucioso; francamente. 2. Geom: Arco: Dereito, recto
E eu traduciría coma (Aquí) Existe unha granxa de animais ben organizada, correcta, modélica.
E esa idea penetra aos habitantes da zona e a fan real no Pazo de Vilane, a poucos kms de Alvidrón, en 1990.
O pazo dende o ano 1990
Na década de 1990, Juan Varela-Portas y Pardo comeza a dar os primeiros pasos cara a rehabilitación das construcións, cunha clara vocación de recuperación respectuosa do patrimonio arquitectónico de Galicia. As súas tres liñas de actuación son: a recuperación do patrimonio, o desenvolvemento sostíbel da comarca e a contorna natural.
En 1996, a filla máis nova de Juan Varela-Portas y Pardo, Nuria Varela-Portas, encabeza a iniciativa familiar que nace co propósito de desenvolver un proxecto sustentábel e innovador que elabore produtos de forma coidada e con carácter artesanal. Deste xeito, Pazo de Vilane convértese nun proxecto pioneiro na produción de ovo de galiñas campeiras ou ovo de galiñas en liberdade en Galicia, reactivando a economía rural, dando especial atención ao papel e desenvolvemento da muller. Tamén cultivan framboesas a arandos ecolóxicos cos que fan zumes e marmeladas[1]. Tamén fomenta a cultura na comarca da Ulloa coa realización de concertos de música clásica e outras actividades sociais que se veñene desenvolvendo de forma aberta a de balde dende o ano 2000.
Non me creredes se digo que as ideas celtas ainda modelan os ideais dos habitantes da zona e se comunican con eles. De modo inexplicable, máxico, perdurable, celta.
Ademais, eu destacaría a idea de calidade presente en Alvidrón, a busca da eficiencia, a busca de sistemas mellores e mellorados.
- Log in to post comments