Onte tamén pasei polo Pazo de Vilane, en Antas de Ulla.
Vilane, Antas de Ulla, Antas de Ulla
A Galipedia di que
O pazo dende o ano 1990
Na década de 1990, Juan Varela-Portas y Pardo comeza a dar os primeiros pasos cara a rehabilitación das construcións, cunha clara vocación de recuperación respectuosa do patrimonio arquitectónico de Galicia. As súas tres liñas de actuación son: a recuperación do patrimonio, o desenvolvemento sostíbel da comarca e a contorna natural.
En 1996, a filla máis nova de Juan Varela-Portas y Pardo, Nuria Varela-Portas, encabeza a iniciativa familiar que nace co propósito de desenvolver un proxecto sustentábel e innovador que elabore produtos de forma coidada e con carácter artesanal. Deste xeito, Pazo de Vilane convértese nun proxecto pioneiro na produción de ovo de galiñas campeiras ou ovo de galiñas en liberdade en Galicia, reactivando a economía rural, dando especial atención ao papel e desenvolvemento da muller. Tamén cultivan framboesas a arandos ecolóxicos cos que fan zumes e marmeladas[1]. Tamén fomenta a cultura na comarca da Ulloa coa realización de concertos de música clásica e outras actividades sociais que se veñene desenvolvendo de forma aberta a de balde dende o ano 2000.
Que significa? A través do protocéltico identificamos ne cunha negación. Vilane=Vila non. Nesa época celta non tiña, esa zona, ningunha casa ou agrupación de casas, primeira opción.
E segunda, non aceptaban estar coordinados coa Vila de Antas, Vila do non,... Hai máis opcións pero non imos deducir moito delas. Deixémolo así.
- Log in to post comments