Morgallón

Submitted by admin on Sat, 07/17/2021 - 11:37

Di a Galipedia que

O topónimo galego Morgallón pode referirse a:

E o listado de toponimia o acredita:

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Camiño do Morgallón CERVO Cervo (Santa María)
Fonte de Morgallón FOZ Fazouro (Santiago)
Montes do Morgallón VALADOURO (O) Moucide (Santo Estevo)
Morgallón FOZ Fazouro (Santiago)
Morgallón NEVES, AS Taboexa (Santa María)
Morgallón, O VICEDO, O San Miguel de Negradas (San Miguel)
O Morgallón VICEDO (O) San Miguel de Negradas (San Miguel)
Os Montes do Morgallón CERVO Cervo (Santa María)
Os Montes do Morgallón CERVO Sargadelos (Santiago)

Co que xa vemos que en Foz llón é fonte. Grande (Mor). Pero igual no Vicedo podemos ver auga en google maps. En Cervo, probablemente, o camiño da fonte sexa o camiño do Morgallón. Ver o mapa aquí e amplía un pouco.

Ga traducinno varias veces por aquí. Vou precisar agora un pouco máis:

ga1, m. (gs. ~, pl. ~thanna).1. Spear, dart. ~ a theilgean, to cast a spear. ~ iascaigh, fish-spear, gig. 2. Dart, sting. ~ nathrach, sting of asp. ~ aoire, sting of satire. ~ a chur i nduine, to sting s.o. Chuir an cat a gha ann, the cat clawed him. a gha ionam, he has it in for me. haon gha nimhe é, he wont suffer by it. 3. Ray. (a)~ solais, ray of light. ~ gréine, gealaí, sunbeam, moonbeam. ~ solais, beam of lighthouse. (b)Ph:~thanna trasnaíochta, interfering rays. (c)Bot:~ planda, ray of plant. ~ buí, hemp nettle. 4. Radius. (a)Geom:~ ciorcail, radius of circle. ~ na cuaire, radius of curvature. (b)Anat:~ na , radius of forearm. (c)~ rotha, spoke of wheel. 5. Med: Suppository. 6. Fish: Gaff.

.Lanza, dardo. 2. Dardo, picadura. 3. Raio. (a) ~ luz, raio de luz. ~ solar, lunar, raio de sol, raio de lúa. ~ faro, feixe de faro. (b) Ph: ~ raios interferentes, raios interferentes. (c) Bot: ~ planda, raio de planta. ~ bui, ortiga de cánabo. 4. Radio. (a) Geom: ~ círculos, raio de círculo. ~ de curvatura, raio de curvatura.

Con pouco problema podemos asociar raio (de círculo, de curvatura) cun raio teórico que define a contorna da que estamos a falar: aquí refírese a unha contorna de círculo cun raio determinado, quizais pequeno. Por iso necesitan falar de Mor antes, para facelo grande.

A fonte que abastece unha gran contorna. Morga é a clave. Morga indica gran contorna, gran radio de contorno que dependen do llón, a fonte, a provisión de auga. Aqui a imaxe de catastro marcando os morgallóns de Cervo en relación ao río Xunco, feito por Inés Ben:

En azul claro, inferior esquerda, igrexa.

En azul claro, redondel grande, Os Morgallóns, (as curvas de nivel indican que están nun pico sobre o río, como en Vicedo)

En azul oscuro o río Xunco.

Vexamos en google maps como é o Morgallón de Mañón

Morgallón Nese mapa vemos un río Sor pequeno e tranquilo que cando se vai achegando ao mar desata grandes (mor) fontes (llón) de auga en bolsas xigantes. Aí temos o Morgallón de Mañón.