Vilaestrofe

Submitted by admin on Sat, 07/17/2021 - 13:54

Unha vez que documentamos a

Igrexa de San Román de Vilaestrofe

vimos que había un distinguido e descoñecido suevo Astraldulfo (ou algo así) que lle deu nome a parroquia. É así? Ou ten unha historia máis trivial pero máis bonita?

Vila é vila. E estrofe=stróf en celta que significa

stróf, f. (gs. -óife, npl. ~a, gpl. ~). Strophe. Estrofa.

Vila da Estrofa. Aquí o nome conta unha historia a medias, de fama. Había unha canción que cantaba as grandezas dos da vila. No medio da canción, nunha estrofa, cantábase aos da Vila, citábaos. Xa que logo, os da vila eran da vila da estrofa da canción (hoxe xa perdida nos océanos do tempo). Unha bela historia autorecursiva para un nome. Que seguimos sen saber cal era.