Corgo do Folón

Submitted by admin on Thu, 07/22/2021 - 12:18

Unha amiga, Loli, enviame fotos da Igrexa de

Igrexa de Santiago de Rubiás dos Mistos    para novacarta,

Que nos leva a historia do Couto Mixto e a historia do microestado galego independente durante 700 anos, 

Couto Mixto

E ao ver o mapa da zona  en Google maps permítenos distinguir Corgo do Folón, un rego de auga que cruza Rubiás.

E aquí ídesme permitir dicir que corgo ten o significado errado no dicionario da RAG. Corgo é lugar, non fonte, non auga. Porque? Só tedes que ver os 3500 corgas e corgos que están listados en celtia.org, aquí, para ver que todos, todos están acompañados dunha frase complementaria.  A Corga da Igrexa, o corgo do Muíño, A corga de abaixo, e  corgo do Folón, da que estamos a falar. Corga=O lugar en que está tal cousa, sendo tal cousa a frase complementaria.

Así que o chamarlle  Corgo do Folón ao rego é consecuencia da mala definición da RAG, como é un corgo e un corgo ten que ver coa auga, o rego chámase Corgo. Pois non. O corgo era un lugar concreto, digno de resaltar, que estaba preto do folón. Xa o sabemos, lón=fonte ou provisión de auga. E fo? Temos onde escoller

fo2-, pref. 1. Under-, sub-, hypo-, secondary, subsidiary. 2. Minor, lesser; light, trivial. 3. Odd, occasional.

Debaixo, secundario, subsidiario ou menor

Así o significado é o lugar preto da fonte ou provisión de auga (debaixo dela, ou fonte secundaria, ou fonte menor).

Se corgo fose fonte non tería sentido falar de lón, de novo fonte.

Se imos á Galipedia vemos que

Un folón é un batán, aparello de madeira construído polo xeral nun curso de auga para bater tecidos[1]. O topónimo galego Folón pode referirse a:

Notas

  1.  

Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para folón.

Quizais a mala interpretación veña dos Muíños do Picón e do Folón nos que Folón parece ser un tipo de Muíño.

O Río Folón é un batán? Nalgúns regos ou lóns ou llóns hai batáns. Iso, seguro, que é certo. Pero non en todos os Folóns hai batáns. No de Rubiás non hai, por poñer un exemplo. Así que aproveita a RAG para dar nomes e significados inventados que "aproximan" un nome do que non teñen nin idea.

En fín, como é posible ver no listado seguinte Corgo ou corga do folón son 3 e en total hai 81. Designan puntos, lugares. Mentres folón hai moitos, referidos a regos menores, pequenos, seguramente, dos que algúns serven para ter muíños (9) ou batáns (0) e outros non:

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Corga do Folón GOMESENDE A Guía (Santa María)
A Corga do Folón GOMESENDE San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo)
A Corga do Folón LOBIOS Grou (San Mamede)
A Costa do Folón MOAÑA Moaña (Virxe do Carme)
A Ladeira do Folón ENTRIMO Entrimo (Santa María a Real)
A Ladeira do Folón OIA Loureza (San Mamede)
A Ponte do Folón TOMIÑO Currás (San Martiño)
A Ponte do Folón TOMIÑO Piñeiro (San Salvador)
A Pontella do Folón OIA Burgueira (San Pedro)
A Regueiriña do Folón OIA Burgueira (San Pedro)
Antrofolón OIA Loureza (San Mamede)
As Leiras do Folón SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Camiño do Folón ENTRIMO Entrimo (Santa María a Real)
Camiño do Folón LOBIOS San Paio de Araúxo (San Paio)
Camiño do Folón MOAÑA Moaña (Virxe do Carme)
Camiño do Folón MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
Camiño do Folón OIA Loureza (San Mamede)
Camiño do Folón RIBADAVIA Francelos (Santa María Madanela)
Camiño do Folón SARREAUS Paradiña (Santa María Madanela)
Camiño do Folón VIGO Lavadores (Santa Cristina)
Campo Folón MONDOÑEDO San Vicente de Trigás (San Vicente)
Folón VIGO Lavadores (Santa Cristina)
Folón, O CAÑIZA, A Petán (San Xián)
Folón, O GOMESENDE Guía, A (Santa María)
Folón, O PORRIÑO, O Mosende (San Xurxo)
Folón, O TOMIÑO Tebra (Santa María)
Folón, O VILAR DE BARRIO Arnuíde (Santa María)
Fonte do Folón ENTRIMO A Illa (San Lourenzo)
Fonte do Folón ENTRIMO Venceáns (San Tomé)
Fonte do Folón SARREAUS Freixo (Santiago)
Muíño do Folón BANDE O Ribeiro (San Pedro Fiz)
Muíño do Folón ENTRIMO Entrimo (Santa María a Real)
Muíño do Folón ENTRIMO Venceáns (San Tomé)
Muíño do Folón GOMESENDE A Guía (Santa María)
Muíño do Folón MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
Muíño do Folón VIGO Lavadores (Santa Cristina)
Muíño Folón CALVOS DE RANDÍN Rubiás dos Mixtos (Santiago)
Muño do Folón TOMIÑO Piñeiro (San Salvador)
O Folón BANDE O Ribeiro (San Pedro Fiz)
O Folón CELANOVA Acevedo do Río (San Xurxo)
O Folón CELANOVA Ansemil (Santa María)
O Folón ENTRIMO A Illa (San Lourenzo)
O Folón ENTRIMO A Pereira (San Facundo)
O Folón ENTRIMO Entrimo (Santa María a Real)
O Folón ENTRIMO Galez (San Fiz)
O Folón ENTRIMO Venceáns (San Tomé)
O Folón GOMESENDE A Guía (Santa María)
O Folón LOBIOS Río Caldo (Santa María)
O Folón LOBIOS San Paio de Araúxo (San Paio)
O Folón MOAÑA Moaña (Virxe do Carme)
O Folón MUÍÑOS Barxés (Santa María)
O Folón MUÍÑOS Couso de Salas (Santiago)
O Folón MUÍÑOS Requiás (Santiago)
O Folón OIA Burgueira (San Pedro)
O Folón OIA Loureza (San Mamede)
O Folón PONTENOVA (A) Vilaouruz (San Martiño)
O Folón QUINTELA DE LEIRADO Mociños (Santa María)
O Folón RIBADAVIA Francelos (Santa María Madanela)
O Folón SARREAUS Freixo (Santiago)
O Folón TOMIÑO Barrantes (San Vicente)
O Folón TOMIÑO Piñeiro (San Salvador)
O Folón TOMIÑO Tebra (Santa María)
O Folón VEREA Sanguñedo (San Salvador)
O Folón VIGO Coruxo (San Salvador)
O Folón VIGO Zamáns (San Mamede)
O Fondo do Folón OIA Viladesuso (San Miguel)
O Monte do Folón ENTRIMO Entrimo (Santa María a Real)
O Outeiro do Folón OIA Loureza (San Mamede)
Os Campos do Folón ENTRIMO Galez (San Fiz)
Os Campos do Folón TOMIÑO Tebra (Santa María)
Os Campos do Folón VEREA Cexo (Santo Adrao)
Os Escampados do Folón OIA Loureza (San Mamede)
Os Folóns TOMIÑO Estás (Santiago)
Pista da Regueiriña do Folón OIA Burgueira (San Pedro)
Ponte do Folón ENTRIMO Entrimo (Santa María a Real)
Poza do Folón ENTRIMO A Illa (San Lourenzo)
Presa do Folón OIA Burgueira (San Pedro)
Presa do Folón OIA Loureza (San Mamede)
Río do Folón OIA Burgueira (San Pedro)
Río do Folón OIA Loureza (San Mamede)
Río Folón CALVOS DE RANDÍN Rubiás dos Mixtos (Santiago)

E empatando co comezo, ao final, en Calvos de Randín hai un Río Folón e non un Corgo do Folón que sona a invento actual. Desde logo antes pasaron por alí e non se dicía Corgo, entón era Río.