Barizo, Malpica de Bergantiños é tres cousas diferentes:
1-Parroquia de Barizo. Podedes ver a igrexa en novacarta.eu, sendo o alpendre ao lado da Igrexa un posible candidato a igrexa celta orixinal. En novacarta.eu
Igrexa de San Pedro de Barizo
2-Unha praia En novacarta.eu
Barizo
3-Un porto pesqueiro preto da praia, pero ao outro lado. Nalgunha foto desde a praia hase de ver.
Se temos que traducir Barizo haberá que optar por falar dalgunha das tres cousas.
A Galipedia di que é un tipo de piñeiro. Eu penso que é Ba (era, estaba) rís (á vista) despois latinizado a Barizo. En realidade as tres cousas están á vista, son visibles. Tanto a igrexa, coma a praia, coma o porto.
Polo tanto a quen se estaban a referir? Todas as praias están á vista, por definición, ou sexa que non se referían á praia. Entón eu supoño que as cousas sucederon deste xeito. O primeiro porto pesqueiro na zona era o de Barizo, hai miles de anos. Máis tarde fixeron o de Malpica e crearon a Vila de Malpica. Que o que xustamente quere evitar é o de estar á vista e exposta aos temporais. Fixeron xa moi cedo uns peiraos defensivos do mar.
Barizo deixou de ter importancia e seguramente pechou durante outros miles de anos. Así que Barizo explica ese peche (porque estaba visible e exposta aos temporais). Agora algunha actividade teñen alí, pero nada comparado aos quizais centos de barcos de Malpica.
- Log in to post comments