A Galipedia di que
O topónimo Viana pode referirse a:
- En Galicia
- A Comarca de Viana, na provincia de Ourense;
- Viana do Bolo, concello de dita comarca;
- Viana do Bolo, parroquia de dito concello, e Viana do Bolo, lugar desta parroquia;
- San Pedro de Viana, parroquia do concello de Chantada;
- Viana, lugar de dita parroquia;
- Santa Cruz de Viana, parroquia do concello de Chantada;
- Viana, lugar de dita parroquia;
- Viana, lugar da parroquia da Grade no concello de Chantada.
- Fóra de Galicia
- Viana do Castelo, concello portugués do distrito de Viana do Castelo;
- Viana, municipio de Navarra;
- Viana de Cega, municipio da provincia de Valladolid;
- Viana de Duero, municipio da provincia de Soria;
- Viana de Jadraque, municipio da provincia de Guadalaxara;
- Viana de Mondéjar, pedanía de Trillo, na provincia de Guadalaxara;
- Tetas de Viana, dúas montañas xemelgas na provincia de Guadalaxara;
- Viana, concello brasileiro do estado de Espírito Santo;
- Manoel Viana, concello brasileiro do estado de Río Grande do Sur.
- Viana, concello angolano da provincia de Luanda.
Amais, como apelido pode referirse a:
- Antonio de Viana, poeta e historiador canario do século XVII (1578 - 1650?);
- José Joaquín de Viana, militar e político español (1718 - 1773);
- José Viana da Motta, compositor, pianista e profesor de música portugués (1868 - 1948);
- Hugo Viana, futbolista portugués (n. 1983).
- Agustín Viana, futbolista uruguaio de orixe estadounidense (n. 1983);
Véxase tamén
- Príncipe de Viana, título que ostenta o herdeiro do Reino de Navarra.
En canto ao listado de toponimia temos
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Bibiana | CORISTANCO | Valenza (San Pedro) |
A Bobiana | MOAÑA | Meira (Santa Eulalia) |
A Fabiana | MEZQUITA (A) | Manzalvos (Santa María) |
As Fabianas | LAMA (A) | Escuadra (San Lourenzo) |
O Campo dos Meixóns de Fabiana | OIA | Burgueira (San Pedro) |
O Souto da Fabiana | VIANA DO BOLO | Louzaregos (Santa María) |
Rubiana, A | LUGO | Meilán (Santiago) |
e con v
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Carreira de Viana | VIANA DO BOLO | Punxeiro (San Marcos) |
A Corga da Viviana | VEIGA (A) | Espiño (San Vicenzo) |
A Gaviana | CANGAS | Darbo (Santa María) |
A Poula da Xaviana | VIANA DO BOLO | Ramilo (San Pedro) |
A Viana | TRABADA | Trabada (Santa María) |
A Viña do Viana | PARADA DE SIL | San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo) |
Cabozo de Viana | PONTENOVA (A) | Santo Estevo de Rececende (Santo Estevo) |
Colmear do Viana | PARADA DE SIL | Parada de Sil (Santa Mariña) |
Estrada de Viana | VIANA DO BOLO | Bembibre (Santo André) |
Estrada de Viana | VIANA DO BOLO | Covelo (San Lourenzo) |
Estrada de Viana | VIANA DO BOLO | Viana do Bolo (Santa María) |
Os Campos de Viana | OIA | Mougás (Santa Uxía) |
Presa de Viana | VIANA DO BOLO | San Martiño (San Xoán) |
Viana | CHANTADA | Grade, A (San Vicente) |
Viana | CHANTADA | San Pedro de Viana (San Pedro) |
Viana | CHANTADA | Santa Cruz de Viana (Santa Cruz) |
Viana | PARADA DE SIL | Sacardebois (San Martiño) |
Viana do Bolo | VIANA DO BOLO | Viana do Bolo (Santa María) |
E agora temos que desbotar os razonamentos canónicos e oficiais, que di a Galipedia:
Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino. Ese mesmo nome foille concedido despois ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262.[7]
Vale, aceptamos pulpo como animal de compañía. E entón temos a explicación para o caso de Viana do Bolo. Pero ese razonamento se volve en nada cando vemos que hai 30 e pico Vianas e Bianas en toda Galicia. Que pasa, que todos copiaron da cidade francesa de Vienne (en occitano Viana)? Parece moi extraño, non?
Se non é así, de onde vén? Xa temos medio aceptado que Rubián é abundancia de Ruda, e por consecuencia, Rubiá, Rubiás,...Sabemos que Curbián era abundancia de asentamentos. Sabemos que, polo tanto bián é abundancia. Sabemos que os celtas galegos chúfanse e gábanse frecuentamente por todo, sempre están dicindo e expresando o que teñen. Que son ricos...
Pois Viana ou Biana é iso mesmo latinizado. Bián->Biana ou Viana (e si quizais o V por imitación da Viana occitana ou Navarra, aínda que nese caso pode ser celta).
Abundancia. Están expresando Abundancia do Bolo (Bián do Bolo). Sigámoslle a pista a máis exemplos
A Bibiana Bibiana-Existe abundancia |
A Bobiana- Bobiana Abundancia de vacas |
A Fabiana- Fá2 = faoi1. |
As Fabianas-Quizais refírense ao grupo inglés de laboristas? É broma |
O Campo dos Meixóns de Fabiana- faoi1-I. Under. 1. (a) Beneath, below Falan de necesidade. Non vaias a pedir nada alí están por debaixo da abundancia |
O Souto da Fabiana. Falan de necesidade...Debaixo da abundancia |
Rubiana, A-Este xa o sabemos, non? Exactamente igual que Rubián, Abundancia de Ruda. |
A Corga da Viviana | O lugar da Abundancia | |||
|
A Viña da abundancia | |||
O Cabozo da Abundancia | ||||
O colmear da Abundancia | ||||
...... | ||||
- Log in to post comments