don

Submitted by admin on Tue, 08/03/2021 - 18:19

Todo o mundo opina que don vén de Dom. abreviatura de Dominus. Pode ser que sexa así. Sen embargo, vou propoñer unha vía máis interesante procedente do celta. Como sabedes, non todo o mundo levaba don, así cónta o dicionario da RAE

1. m. y f. Tratamiento de respeto que se antepone a los nombres de pila. Antiguamente estaba reservado a determinadas personas de elevado rango social.

E agora imos ao dicionario celta e temos

donn2, m. (gs. & npl. doinn, gpl. ~). 1. Lit: Noble, prince.  Os donn só eran os nobles ou os príncipes.

Así que temos unha historia mixta latina-celta. a xente dicía donn pero buscaba a explicación en dominus, en dom. E escribía dom. Unha etimoloxía autocumprida. Ademais de ser máis democrática ao vir de dominus que de príncipe. Sexa coma for, as dúas raíces, coma noutros centos doutros casos, están enguedelladas.