Esta palabra está aquí non porque a vise nun listado senón a vin nun cartel, en Malpica, cando ía a Loroño. Efectivamente hai un O Ceán, en Cerqueda, en Malpica de Bergantiños.
O letreiro está errado, claramente.
Ceán xa o vimos e significa, cabeza, extremo. Vimos dous lugares de Ceao e Ceán que eran a altura extrema nunha zona pequena. Pois ben, este Ceán cumpre ese papel de designar non un pico, non un monte, senón unha lomba ampla que contén o punto máis outo da zona próxima.
Dos 26 ceán do listado de toponimia hai un que o confirma
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
O Alto do Ceán | BRIÓN | Luaña (San Xulián) |
Algo así coma o alto do lugar alto.
- Log in to post comments