Morquintián, casa grande dos parentes nobres

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 18:16

Como consecuencia dos dous números anteriores case estamos con capacidade para resolver palabras semellantes. Imos aló:

Quintiá, quizais unha casa dos parentes

Quintián=Casa nobre dos parentes  án1, a1. Bright, brilliant; splendid, noble.

Morquintián=A casa grande e nobre dos parentes án1, a1. Bright, brilliant; splendid, noble.

Imos ver outras opinións:

O topónimo Quintián (do antropónimo masculino xermánico Quíntila, Quintilanis ou Kíntila, -anis) pode referirse a varios lugares de Galicia:

Xa temos aquí un dos famosos xermanos inexistentes, de nome Quintila, neste caso.

Agora ben nesta hipótese quintián é algo illado, xermánico, sen nada que ver coas seguintes palabras galegas:

Quintiá, Morquintian, Quintás, Quintá. Eu o que estou afirmando é que todas esas palabras veñen do celta e están relacionadas, forman parte da mesma lingua e da mesma estrutura semántica e noutro caso é un paracaidista alemán -kíntila- que no século VI caeu neses catro lugares.  Cada un que se quede co que mellor lle pareza.

O que se ve de todos modos é que a vía sempre negada, nestes últimos anos, de usar o celta como chave da toponimia é fructífera e real. E outras opcións son  simples invencións.

Engadir que estas palabras perviven  na toponimia, de modo abundante, porque parecen latinas: quinta, quinto está na lingua latina. As deixaron pasar, os nosos inquisidores da lingua na idade media, porque parecían latinas. Agora o ven semellante a un nome xermánico. E eu as vexo pura e simplemente celtas. Non me diredes que non ten o seu aquel, ser unhas palabras con tantos pretendentes e orixes posibles.