Tibiáns

Submitted by admin on Sun, 08/22/2021 - 11:19

Non existe na Galipedia e no listado a penas un exemplo. Pero amosa como podemos traducir centos e centos de novos topónimos celtas galegos seguindo as pautas que imos descubrindo e que ningún outro pode porque:

1º Non teñen pautas nin regras, todas son "xenialidades" de Fulanito e invencións de Menganito. Poderiamos denominala toponimia de autor ou artística.

2º Polo tanto non se poden contrastar nin discutir. O dí o mestre, o sacerdote ou druída do tema e vía. É un sistema antidemocrático e nada científico. Como diría Karl Popper algo que non se pode falsar (e o método de se o dí o mestre vai a misa e é certo non se pode falsar, é imposible de falsar, ou o aceptas, ou cres neles ou non tes nada para supoñer), non é Ciencia.

3º O meu método se pode discutir, falsar, amosar erros que cometo, que non mirei ben o dicionario, que non teño en conta este significado inglés, etc. O meu método está cheo de erros porque o explica todo, pero intenta conectar coa realidade e non con ensoños e as imaxinacións e as teorías previas dos propoñentes ou propositores desa teoría. De feito a frase de Karl Popper "Só se aprende dos erros" é o meu lema. Non sempre estarei acertado. Trato de estalo, pero non sempre é posible. Pero seguro que na seguinte volta o entenderei mellor, resolverei o enigma e a claridade brillará dándonos certeza. D'Alembert o dicía claramente: seguide adiante e a certeza virá.

Pero indo ao tema, o de Tibiáns, podemos ver o que acabo de contar:

Tibiáns
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Tibiáns TORDOIA Vila de Abade, A (San Cibrán)

Os que teñan lido algunhas das entradas de celtia.org xa o saben traducir e ese é o punto 4º

4º-Os que teñan lido estas entradas teñen regras que permiten coñecer o idioma celta galego (ao menos parcialmente) e chegar a deducir centos de miles de topónimos máis e ainda máis a xerar centos de milleiros de topónimos posibles máis. Non dependes do gurú que por adivinacións máxicas e visións de ultratumba sabe e coñece o significado (por certo sempre ambiguo como os das adiviñacións da astroloxía e do zodíaco).

5º So necesitas utilizar a túa mente e a túa razón. Como na discusión sobre a lectura da Biblia (católicos vs. protestantes) os católicos opinan que hai un Papa (ou varios) que teñen coñecemento divino e directo. Omnisciencia, vaia, e son os únicos capacitados para interpretar a Biblia. E os protestantes saben que so coa razón chegaremos á verdade. Eu, desde logo, quédome cos protestantes. Ou se queredes, con Galileo e a Ciencia e non coas patrañas e os contos.

Finalmente que significa Tibiáns? Quizas un tibio dubitativo, que as veces o é e as veces non?

Ti significa casa é e a única forma de dicir casa en celta galego (en irlandés dise tamén, pero é máis actual teach).

Bián é unha palabra celta irlandesa actual, pero que inza a toponimia galega de palabras, coma Rubián, etc.

Indo a un deses significados xa contados, temos a tradución da palabra: Abundancia de casas, ou sexa, Tibián ten moitas casas (relativamente hablando na época na que se creou  a palabra. Ao mellor nesa época cinco casas xa era abundante). O s final é unha intuición de que a palabra designa algo en plural. Polo que se engade o s plural latino.