Ben, imos ver en celta o significado do lugar natal de Castelao e doutros poetas e artistas galegos.
É moi doado, só con querer xa case tes o significado.
O x non existe en celta así que a letra orixinal sería un s. So.
so2 = seo.
seo, dem. pron. & a. & adv. This.
E que é Rian?
Desde logo sona a película irlandesa, A filla de Ryan ou algo así. Imos ver
rian1, m. (gs. -ain, pl. ~ta; gpl. ~used in certain phrases).1. Course, path. Curso, traxectoria, camiño. Xa sabedes o path informático.
Que é entón Rianxo= Este curso, esta traxectoria, este camiño.
A interpretación xeográfica é evidente por si mesma. No camiño a Ribeira, e agora está perfectamente remarcado, hai un camiño principal, agora mesmo é a autovía AG-11 que chega ata Ribeira seguindo un camiño milenario, xa desde tempo inmemorial. Pero nese camiño ten varias desviacións, que van aos principais concellos e cidades da zona, coma Rianxo, Pobra do Caramiñal, Boiro, Ribeira e aínda Aguiño.
Pois ben, o nome de Rianxo di que para ir a Rianxo tes que ir por este path, esta traxectoria, este camiño. Desviándote do camiño principal que segue a Ribeira. Cal? O nome o dí, por este. Pasa en moitos outros lugares xeográficos en que o nome ten unha función adicional de indicar dirección. Por exemplo Freán, en celta freang, desviación, indica que por esa desviación atoparás algo e ese algo chámase Freán. Aquí sucede algo parecido.
Como non podía ser menos cun significado así, resulta que non é o único Rianxo galego. Hai máis.
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
O Cantorrianxo | BRIÓN | Os Ánxeles (Santa María) |
O Rianxo | AMES | Ortoño (San Xoán) |
O Rianxo | ARZÚA | Viñós (San Pedro) |
Os Prados de Rianxo | CASTRO DE REI | Outeiro (Santa María) |
Rianxo | RIANXO | Rianxo (Santa Comba) |
Rianxo | VILA DE CRUCES | Piloño (Santa María) |
Aínda que podemos atopar ata 111 posibles compostos máis de Rian...
- Log in to post comments