Visitei os Petróglifos de Súa Lomba, indo cunha asociación, á que pertenzo, porque a visita era de noite. Aquí o resultado en novacarta.eu
Petróglifos de Montañés
Petróglifos de Súa Lomba
Petróglifos de Calvela
Petróglifos de Torreiro
De dia fora xa hai anos:
Petróglifos de Vilarmaior: Calvela e Montañés de día
Pero imos agora a falar de súa, Que fai súa en Súa Lomba?
Sabemos que suas é
suas, adv. & prep. & a. Up. 1. To higher place or station. Enriba, arriba.
das que hai 379 no listado de toponimia que eu uso. Máis de 500 con insuas,
En cambio súa parece dialectal de suprimir o s. Vemos as que hai
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Súa Brea | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
A Súa Costa | ARTEIXO | Morás (Santo Estevo) |
A Súa Eira | ARTEIXO | Morás (Santo Estevo) |
A Súa Fonte | ARTEIXO | Morás (Santo Estevo) |
A súa Fraga | ARTEIXO | Armentón (San Pedro) |
A Súa Horta | ARTEIXO | Armentón (San Pedro) |
A súa Horta | ARTEIXO | Barrañán (San Xián) |
A Súa Horta | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
A Súa Laxe | ARTEIXO | Pastoriza (Santa María) |
A Súa Pedra | ARTEIXO | Chamín (Santaia) |
A Súa Viña | ARTEIXO | Sorrizo (San Pedro) |
O Camiño da Súa Laxe | ARTEIXO | Pastoriza (Santa María) |
O Camiño da Súa Pedra | ARTEIXO | Chamín (Santaia) |
O Lavadoiro das Varcias ou a Súa Laxe | ARTEIXO | Pastoriza (Santa María) |
Súa Casa | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
Súa Casa | ARTEIXO | Suevos (San Martiño) |
Todas en Arteixo, se ben sabemos que en Vilarmaior hai un Súa, tamén, Súa Lomba.
Non é que estea moi arriba e depende desde onde é o lugar habitado que se está falando, pero eu diría que si que súa, coma as de Arteixo, estánse a referir a unha lomba que está subindo, arriba.
De feito, penso que xa falei aquí de Su como unha arriba non comprometida nin co celta (suas) nin co latín medieval (suso), que está ainda máis abreviado que súa. Aquí os su non integrados na palabra seguinte
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
O Su da Manta | OIA | Oia (Santa María) |
Os Montes de Su o Lugar Novo | MAÑÓN | As Grañas do Sor (San Mamede) |
Su a Agra | ZAS | Baio (Santa María) |
Su a Aira | TABOADA | Piñeira (Santa María) |
Su a Ermida | ABEGONDO | Vizoño (San Pedro) |
Su Arribas | COSPEITO | Vilapene (Santa María) |
Su As Chousas | COSPEITO | Muimenta (Santa Mariña) |
Su Carreira | COSPEITO | Lamas (San Martiño) |
Su da Aira | MEZQUITA (A) | Santigoso (San Simón) |
Su da Brea | CASTRELO DO VAL | Servoi (Santa María) |
Su da Cenza | CASTRELO DO VAL | Campobecerros (Santiago) |
Su da cortiña | RAIRIZ DE VEIGA | Ordes (Santa María) |
Su da Horta | MEZQUITA (A) | A Mezquita (San Martiño) |
Su da Horta | VILARIÑO DE CONSO | Sabuguido (Santa María) |
Su da Igrexa | MEZQUITA (A) | A Esculqueira (Santa Eufemia) |
Su de Carreira | SARREAUS | Freixo (Santiago) |
Su de Cortiñas | SARREAUS | Freixo (Santiago) |
Su de Pereira | SARREAUS | Freixo (Santiago) |
Su do Penedo | CASTRELO DO VAL | Campobecerros (Santiago) |
Su Horto | COSPEITO | Muimenta (Santa Mariña) |
Su San Martiño | CELANOVA | Milmanda (Santa Eufemia) |
Su San Pedro | PONTENOVA (A) | Xudán (Santa María Madanela) |
Vilar De Su A Iglesia | COSPEITO | Sistallo (San Xoán) |
Vilar De Su A Vila | COSPEITO | Rioaveso (Santalla) |
Su Arribas é gracioso por reduplicado.
- Log in to post comments