Castro Dares, Castro de Ares

Submitted by admin on Sun, 09/19/2021 - 22:32

Outro día fun de viaxe ao Courel cun guía que iame explicando as minas de ouro do Courel, os vestixios romanos, xeolóxicos e ainda un castro. A viaxe foi estupenda e aprendin bastante das narracións do guía. Ao Castro Dares, en Quiroga, vímolo desde lonxe, cando eu acababa de contarlle que significa res. E entón dixo, ah, logo o Castro Dares é un castro con cultivo (suponse que ao redor del).

Pois si, dixenlle, ao igual que Vilares é unha "Vila de tipo galega" con cultivo. Discutimos sobre se significaba unha vila romana, unha villae. Ou un Bally celta.

Desde logo na wikipedia hai 4 villae romanas en Galicia e iso non fai posible que as miles de Vilas ou Vilares galegos veñan dos catro modelos romanos en Galicia. Realmente poido haber algún máis, pero poucos exemplos máis.

En fin, que o mérito desta entrada é súa ao falar de algo que coñecía ben, o Castro Dares. Tamén hai, polo menos, o castro

Castro de Ares, lugar da parroquia de Trasanquelos do concello de Oza-Cesuras;

Dado que os castros fanse nun pico, só en lugares como Castro Dares que non é un pico típico, que é mais ben unha lomba pode darse o feito de ter unha zona próxima de cultivo.

Ademais a Galipedia cóntanos doutros Ares

Como topónimo pode referirse a:

En Galicia
 

En vez do canónico An res, o cultivo declinado, como en ré

an ré

GINIDEACH

an ré

resulta que inventamos unha palabra nova res, para cultivo e tiñamos unha declinación distinta (nesa e noutras palabras con só a, non con an). Tal vez por eufonización, pronunciade anres e pronunciade ares. A que é máis suave e fácil de pronunciar ares?.