Pasei pola zona de Vilouzás, o domingo pasado, e revisando o mapa poñía Gundurís, sen embargo, na Galipedia non saben del, saben de
O topónimo galego Gunduriz pode referirse a:
- Gunduriz, lugar da parroquia de Sillobre, no concello de Fene;
- Gunduriz, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda;
- Gunduriz, lugar da parroquia de Vilouzás, no concello de Paderne;
- Gunduriz, lugar da parroquia de San Sadurniño, no concello de San Sadurniño
Así que o Gundurís de Google Maps convírtese en Gunduriz da Galipedia.
Gunna é arma en irlandés actual, pero en celta galego, no seu tempo, era gun (hai moitos topónimos en gun).
dú ten varios significados que acaen ben
dú1, m. (gs. ~). 1. Lit: Place, patrimony, inheritance, due. 2. (Used as a. with copula) Native, natural; proper, fitting (do, to). lugar, Patrimonio, Herdanza, debido ou nativo, natural, propio, adecuado
dú-2, pref. (Form of dubh- written before consonants, except fh). 1. Black, dark. 2. Great, intense. negro, escuro
e rís, ris2, adv. Bare, uncovered, exposed. á vista
ris3 = leis :le1. Con
Ademais, Vilouzás é unha vila que aproximadamente significa que traballan en sás, de trampeiros.
sás1, m. (gs. sáis, pl. ~anna). 1. Snare, trap, noose. ~ éin, bird-trap. 2. Device, contrivance; instrument, apparatus; means. (lazo, trampa, soga ou ben Dispositivo, artificio; instrumento, aparato, medios). De feito existe unha poboación Sas na zona con ruína da Igrexa, e a Fonte de Sas que debe dar nome ao rego (Rego da Fonte).
Así que Gunduriz significa armería (ou fábrica de armas) con características propias, nativas e adecuadas (suponse que para os trampeiros ou que usaban as armas dos trampeiros para as escaramuzas ou defensas). Riz, á vista, aqui pode indicar que as armas fabricadas son para vender, para todo o mundo. Non se esconden, non son secretas, vaia.
Gunturiz, en Pontedeume, tamén pode ser un Gunduriz modificado. Ou Conturiz, un lugar en Lugo, xa que con é galgo e non se traduce moi ben con con.
- Log in to post comments