Chantada

Submitted by admin on Tue, 09/28/2021 - 10:57

Fun no verán a Chantada (Lugo) e non vin nada salientable para estudar ou deducir a etimoloxía celta de Chantada. Unha cidade relativamente grande, activa e preparada para o mundo moderno que ten a desgraza de non estar en ningunha vía de comunicación galega importante, agás de Lugo a Ourense, con non moito tráfico.

Pero non hai coma ir ás raíces e tiña preto de min, no verán, a unha Chantada que fun a visitar este domingo e esta si tiña moitas pistas. Fixemonos en dúas:

Chantada en Paderne, Praza

Chantada en Paderne, Muíños

As casas novas son grandes e ben remozadas, sen feismos, vese que si están moi ben comunicados con Pontedeume, Ferrol, Betanzos e A Coruña para traballar. Pero antigamente non tiña tantas facilidades. O meu pai traballou aos seis anos nas leiras cobrando coma un home, e tamén na mina de Penaoubiña, nesa zona de Chantada, cando era máis maior, creo que desde os 9,   e presumía de gañar tanto coma os maiores e de axudar á familia (tiña oito irmáns e irmás) máis que o meu avó, dos Perillos de Leiro, dicía a miña nai, que traballaba na corta e cubicación de árbores, pero que morreu aos 58 anos.

Saía co luceiro da alba para ir a Penaoubiña, ía pola via do tren de Miño a Paderne, andando, ás veces pasaba o tren cando estaba no túnel e tíñase que pegar á parede para que non o levase. O meu pai erguíase cedo para poder chegar as oito á Penaoubiña, desde Leiro, e sempre contaba que un día ergueuse moi cedo (quizais as 12 ou dúas da mañá) e non daba clarexado o día polo que tivo que pararse a esperar.

Ben, pero imos ao gran, Que vemos en Chantada? Un rego minúsculo que, sen embargo, alimentaba a catro muíños de millo (contaba Pepe, o autor dun libro da Deputación sobre Paderne, con detalles sobre o entroido de Chantada e outros). En Chantada de Paderne non se coñecía o trigo. Só o millo e comían pan de millo, naturalmente, que se moia neses catro muíños.

O nivel económico en 1900 non era doado nin esplendoroso. Era unha pequeneza, ao menos economicamente. E hai 2000 anos? Vexamos

Chan significa non, negación, e tada miramos no dicionario celta

tada = dada. E dada

dada, m. (gs. ~).1 = adamh. (Átomo)2. Iota, jot, whit (chisco), tittle. (a)(With negative) Very little, nothing. Níl (aon) ~ ann, there is nothing there; it amounts to nothing. ~ é, it is nothing. Níl ~ bainne acu, they have very little, no, milk.

Chantada significa moi pequeno, nada, ou un átomo, un chisco.

Desde logo o Concello de Chantada, en Lugo, agora non responde a esa etimoloxía, pero o de Paderne, construído arredor do rego de Baltar, de auga no monte (os veciños ainda hoxe poñen tubos de plástico no rego para facer chegar ás súas casas a auga), coma hai 2000 anos, nunca vai poder medrar demasiado, sempre vai ser un chisco, un átomo, moi pequeno.