A RAG teno claro: tato ven de tatexar
adxectivo e substantivo Tatexo Un neno tato. Os tatos tatexan máis cando están nerviosos.
E tatexar non pode vir de fala de vellos, que non se entende? É a miña proposta, posto que en protocéltico tato é pai
*tato 'father' [Noun]
BRET: MBret. tat, MoBret. tad [m]
CO: OCo. tat gl. pater, Co. tas SEE: *attyo- 'father'
ETYM: A noun from children's language, similar to Croat. tata 'daddy', Eng. daddy, etc., cf. PCelt. *attyo- > OIr. aite 'father'. REF: GPC IV: 3407, Deshayes 2003: 707.
En canto a tataravó ( Pai ou nai dun bisavó, con respecto a unha persoa, di a RAG) é unha composición de tata r ou re (repetición) avó, o pai repetido do avó, o pai do bisavó ou bisavoa.
Os tataravós, se tes a sorte de coñecelos, seguro que tatexan. Non digamos no momento de cambio de lingua no que os tataravós tatexan en celta e os tataranetos falan en latín.
- Log in to post comments