A Galipedia di na etimoloxía de Galicia que
A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico regresa a Roma —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, lusitanos e galaicos— recibindo do propio Senado romano o título de Gallaecus ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes.[31] Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país como Gallaecia, tal e como fixeron Estrabón, Plinio e Apiano, entre outros. Será este nome Gallaecia a que irá evolucionando durante máis de trece séculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".
Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termo Gallaicus (galaico) e consecuentemente de Gallaecia. O primeiro autor que teorizou sobre isto foi Isidoro de Sevilla, quen no século VII explicaba que o nome "galaico" aludía á pel branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes da Galia[32]. Serán moitos autores posteriores os que tenten buscar o significado deste nome, tales como Afonso X o Sabio, Ramón Barros Sivelo ou Murguía, mais hoxe tende a relacionarse con étimos das linguas celtas, e indoeuropeas en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, a día de hoxe, descoñecido.
Pois ben, para min, coma non podia ser doutro xeito, a clave está en gal. E que significa gal? Veríadelo traducido moitas veces en celtia.org coma vapor. Pero ten o primeiro significado que acae moito mellor:
gal1, f. (gs. gaile, npl. ~a, gpl. ~).1. (Warlike) ardour; valour, fury. ~ agus gaisce, valour and prowess. A lá gaile, his day of valour. Dul ar ghala aonair le duine, to engage s.o. in single combat. Gur íslíodh a n~, until they cooled off.
O significado é (Bélico) ardor; valor, furia. Galicia ou Galiza e o pais dos homes e das mulleres que cando pelexan na batalla o fan con Ardor, con Valor, con Furía. Os galegos son os homes que loitan polo seu país con Ardor, con Valor, con Furía. Non digades que non é precioso.
- Log in to post comments