A Galipedia di na etimoloxía de Galicia que
A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico regresa a Roma —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, lusitanos e galaicos— recibindo do propio Senado romano o título de Gallaecus ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes.[31] Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país como Gallaecia, tal e como fixeron Estrabón, Plinio e Apiano, entre outros. Será este nome Gallaecia a que irá evolucionando durante máis de trece séculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".
Galaicos é o nome que algúns historiadores anticeltistas diron a unha exposición que percorreu varios lugares de España, empezando por Madrid. Segundo leín nalgún lado explicaban que os galegos somos galaicos e non celtas. Era unha maneira de crear un novo mito inexistente que desprazara aos celtas da mirada. Somos galaicos coma os de Logroño son logroñeses. Pero que significa gal e porque podo afirmar sen lugar a dúbida que é esa a tradución en celta?
Gal xa o vimos na entrada anterior, Ardor, valor, Furia, só en sentido bélico, na defensa da soberanía da patria. Non nos constan invasións doutros pobos. Así que, como o di o himno americano
O'er the land of the free and the home of the brave!
Sobre a terra dos libres e o fogar dos valentes!
Galicia tamén é a terra dos libres e o fogar dos valentes (ao menos etimoloxicamente)-
Ben, poidese ser unha casualidade. Podemos achar as razóns polas cuais iso debe ser así? Imaxinemos que gal significa Branquiño como dicía Isidoro de Sevilla. Imaxinades ao xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico regresa a Roma —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, lusitanos e galaicos recibindo o título de Gallaecus ou "galaico" e iso fose coñecido polos habitantes desas terras coma "branquiño". Ou calquera outra opción que vos pareza; pon a Xunio Bruto Galaico recibindo o título de "hortaliza" ou ainda de "lusitano" e non o veredes apropiado. O único que cadra nesta historia é que o título de "galaico" refírase a valente. O Valente que derrotou aos valentes. Iso si que acae e o xeneral iría ben contento.
Galaicos era unha tribu, orixinalmente este nome en concreto pode vir dos Valentes (gal) i (na) cos (ladeira). Xa vimos, por exemplo en Abeancos como cos forma parte do nome dunha tribu (os que están na ladeira).
En fin, o nome de valentes é o único que pasa, non o test de Turing, senón o test de credibilidade, tal como ocorreron os feitos.
Por último xa que temos a extensión de internet .gal propoño que se utilice, só e exclusivamente, para os galegos, de natureza e de por si valentes, senón para calesquera outra persoa, empresa ou país que sexa valente para a humanidade. Por poñer un exemplo, braveheart.gal sería apropiado. Ou FrancisScottKey.gal ou machenry.gal.
Hai outra razón, ademais, e, como sinalaba Isidoro de Sevilla, a coincidencia de comezo do nome coa Galia, e, en xeral, cos Gálatas e cos de Gales, ou ainda cos Gaels. Todos estes pobos celtas, seguro, tiñan o valor como un valor aprezable e digno de resaltar no nome da súa cultura.
- Log in to post comments