Despois de tres meses dedicado a Igaciencia en exclusiva:
Novos poliedros en 3d
Fotos e vídeos de robótica e drons
Fotos, vídeo, enlaces e valoracións de Arte e Ciencia: Escher
Gañadores do XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons
O Cartel de Ciencia en Galego 2021
Novos Poliedros
Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego 2021
Entrega de premios de Novos Poliedros
XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons
Congreso de Igaciencia: Intelixencia Artificial
Converxencias arte e ciencia: Escher
Actividades de Igaciencia no segundo semestre de 2021
Converxencias Arte e Ciencia 2022 na Coruña
Pois está claro que non fixen nada novo, non escribín nada novo aquí, en celtia.org. E tampouco ningunha entrada nova en novacarta.eu
Pero si que levo tres meses en novacarta.eu limpando os cachés. Diariamente. Senón o servidor deixa de funcionar. Por que? Porque hai uns graciosos que reventan a web a base de lanzarlle dia tras dia e hora tras hora programas-bots que simulan millóns de "visitas" que fan encher a base de datos nas táboas de caché e de erros. Táboas de caché que existen para facilitar gardar as peticións de páxinas e que cando se repitan sexan de presentación máis rápidas.
Xa que logo, ten sentido a pregunta inicial. A quén lle interesa que novacarta.eu non funcione?
A verdade que non sei a quen mirar. Ás administración que teñen interese en non ter competencia coas súas febles páxinas turísticas?
Ás empresas informáticas que quixeran cubrir ese nicho de negocio e queren eliminar competencia gratuíta pero forte?
Os servizos de ciberseguridade de España que están facendo experimentos con novacarta? a verdade e que llo denunciei con datos como números IP atacantes, etc... e non recibín nin un Ola, que tal? ou faga isto e non o outro...
Incluso- estamos en celtia.org- unha explicación exótica: aos galeguistas anticeltistas, aos antigaleguistas iberistas, aos celtíberos nacionalistas,... aos antivacinas, aos que non lles gusta Galicia, ou o camiño de Santiago, e queren que non teña visitas,...
- Log in to post comments