Covadonga

Submitted by admin on Fri, 01/14/2022 - 11:57

Acabamos de falar de D. Pelayo e da "batalla"  de Covadonga da que se di que inicia a reconquista. Que actualmente os historiadores  non franquistas din que foi un invento dun rei asturiano para glorificar o seu dereito ao trono 170 anos despois de que os feitos sucederan. Que o texto que o describe é un texto extraido dunha batalla da biblia e que non hai ningún outro texto -árabe ou cristiano- que fale de tal batalla de Covadonga. Ver o programa da Sexta onde o comentan.

Pero imos ver Covadonga en celta. En primeiro lugar cova é latín, puro latín. Xa que en celta temos

uaimh » Cave.

antúr » Cave, cavity. Cova é uaimh ou antúr. Astures pode vir de cova-antúr? Penso que non, pero desde logo ten máis proximidade-unha letra- que calquera dos Gumersindos suevos que dan lugar a Guimarans (segundo algunhas opinións) e a miles de fantasías semellantes na toponimia galega.

Outra posibilidade é que veña de astu-res sendo astu

astu :as3. E

as3, prep. & adv. I. Prep. (Pron. forms: asam, asat, as m, aisti f, asainn, asaibh, astu)(Does not affect initial letter of following noun. For rules governing use with article see an1) Out of, from. Fóra de (aquí), veñen desde.

Así, nesta hipótese, os astures serían xente do rural, de fóra, que traballan nos cultivos. Ainda que tamén poderia ser de astú, pero xa basta de facer hipótese.

Volvemos a Covadonga e diciamos que Cova é latín e galego e donga?

Vímolo xa en varios lugares de celtia.org e supoñiamos que don significa vixiancia, atención, aquí (ga). Coma en Viladonga. Por certo aplicando a lei da coherencia de que se en Betanzos significa iso en Muxía vai significar o mesmo. E en Covadonga, igual que en Viladonga, trátase dunha cova, un lugar natural resgardado, pero alto, que serve para facer esa vixianza.

Curiosamente, se é correcta a tradución tamén significa que (ainda sendo unha mentira a "batalla") teña algo de realidade. Un lugar de vixianza, con soldados, é posible que visen a dous mouros exploradores entrando en Asturias e acabasen con eles. A batalla sería unha simple escaramuza e acabar con dous mouros a fazaña lembrada polas familias dos vixías e ninguén máis (os mouros andalusíes nin se decataron de que perderan a dous exploradores).