tanxugueiras

Submitted by admin on Wed, 02/09/2022 - 14:21

Efectivamente, traémos o termo a inquisición porque está de moda. Parabéns, rapazas de Tanxungueiras por unha mestura de canción étnica-tradicional e presentación e estilo moderno. Algo que recoñece e está a vista de calquera que escoite a canción. É unha canción celta, con ritmos que se achegan a miles de anos de tradición e que, seguro, sonaron contra os romanos no Monte Medulio. Alí, seguramente, tamén fumos tongueados polas traizóns tradicionais dos romanos (ademais de que nós non éramos un país invasor e os romanos si, cunha tecnoloxía de asediar e invadir países moi estudada, levaban centos de anos facéndoo).

Pero ademais das aparentes manipulacións das votacións-ao menos, dan números moi sospeitosos,- xa que o que o xurado dá 100 a un concursante e ao que a  plebe -de toda España- dálle un 4. O que a plebe dá 100 o ínclito xurado outorga a cantidade que xusto, xustiño, é a que cómpre para que non saia nin aínda gañando todas as votacións populares, como así sucedeu. As cousas sucederon de modo que xurdiron sospeitas de manipulación, de tongo, a moita xente que así o expresou en twiter.

A min sóname á historia dun rapaz nunhas oposicións en Madrid que comentaba que, en Valencia, nese momento, os políticos elixian aos xuíces máis corruptos posibles. Anos máis tarde, tiven experiencias dese tema.

Pero, volvendo, a lingua, podemos ver varias traizóns á lingua e a tanxungueiras máis, incluídas os centos de palabras que na toponimia falan de "gueiras".

Vexamos, no listado de toponimia hai 1113 palabaras ou frases que conteñen "gueira"  a primeira traizón é que moitas desas palabras non están no dicionario da RAG. Así temos topónimos que conteñen figueira ou nogueira que si están no dicionario da RAG, claro. Pero tanxungueira e un cento máis non están. Vexamos a razón:

De caxigueira dia a RAG que é Terreo poboado de caxigos. Así está decindo que sempre que unha palabra acabe en "go" para falar dun lugar con múltiples elementos dese tipo poñeremos "gueiras". Esto mesmo vale para rego que dá regueiro ou regueira (lugar onde hai moitos regos).

Pero non falará de tanxugueiras ou -aínda- espigueira, que si cumpre a norma citada, ou teixugueira, trigueira (di que é unha cor), nin toxigueira. Para admitilas, as palabras deben ser palabras de orixe clara e latina, que existan en castelán, e úteis para un falante de cidade, non do campo. Neste exemplo non están centos de palabras.

Moitas delas son de orixe latina, pero outras non, por exemplo, tanxugueiras. Hai que dicir que "gueira" debe ser unha construción galega do comezo da idade media pero imitando palabras celtas coma Meira ou gaire. Deixan de falar de "cor" como lugar para inventar un sufixo galego de lugar de moitos elementos repetidos,  gueira.

Explicado o sufixo gueira queda por explicar tanxu: celta, claro, para iso estamos en celtia.

Vexamos tan é tempo e su (coma en Xubia, alimentos en zumos) son zumo. Así que tanxugueiras é o lugar con multiples, plantas ou árbores productoras de zumo, que dan zumo de temporada, no seu momento, no seu tempo. Acaso unha viña, ou sidra ou cervexa sexan sinónimos de tanxu. Onde hai?

tanxugueiras
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
As Tanxugueiras VIANA DO BOLO Quintela do Pando (Santa Isabel)
As Tanxugueiras da Chan CATOIRA Dimo (San Pedro)
As Tanxugueiras da Eira CATOIRA Dimo (San Pedro)
As Tanxugueiras Grandes CATOIRA Dimo (San Pedro)
As Tanxugueiras Pequenas CATOIRA Dimo (San Pedro)

pero tamén

tenxugueiras
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Chaira das Tenxugueiras VIANA DO BOLO Penouta (San Bartolomeu)
A Devesa das Tenxugueiras VIANA DO BOLO Ramilo (San Pedro)
A Mallada das Tenxugueiras VIANA DO BOLO Pradorramisquedo (San Sebastián)
As Tenxugueiras VEIGA (A) Casdenodres (San Salvador)
As Tenxugueiras VIANA DO BOLO Bembibre (Santo André)
As Tenxugueiras VIANA DO BOLO Covelo (San Lourenzo)
As Tenxugueiras VIANA DO BOLO Penouta (San Bartolomeu)
As Tenxugueiras VIANA DO BOLO Pexeiros (Santa María)
As Tenxugueiras VIANA DO BOLO Ramilo (San Pedro)
As Tenxugueiras VIANA DO BOLO Vilardemilo (Santa María Madanela)
As Tenxugueiras VILARIÑO DE CONSO San Cristovo (San Cristovo)
O Caneiro das Tenxugueiras VIANA DO BOLO Pradorramisquedo (San Sebastián)
O Sestil das Tenxugueiras VIANA DO BOLO Pradorramisquedo (San Sebastián)

Hai que sospeitas que ten é tan, xa que non existe en celta "ten" e si en galego do verbo ter. Así tenxugeiras quere interpretarse como que ten xugueiras e xugueiras a saber que é.

Ademais gueiras pode estar influído pola palabra celta gaire, significando seguinte, próximo, indicando elementos que están próximos ou seguintes:

 
next » Is gaire, is neasa, is deise,is foisce.
 
proximate » Is gaire, is foisce
Ademais vimos gara nos topónimos con significado de próximo, cerca.