Igrexa Parroquial de San Salvador de Vileiriz é unha parroquia do Páramo con igrexa románica. A igrexa está máis abaixo que as casas que reciben por nome Vileiriz.
O nome celta non pode ser Vileiriz, (ten z,.. non celta) seguramente o nome orixinal é Vila Eirís ou Vila ris.
Vila rís será un conxunto de casas ao descuberto, visibles desde lonxe. Na igrexa iso non pasa pero a última foto da entrada de novacarta.eu amosa claramente que poucos metros por riba da Vila hai unha gran visibilidade a gran distancia dos montes próximos. Dito doutra maneira a Vila é visible a gran distancia, está ao descuberto. Non hai ningún Vilarico suevo que deu lugar a un Vileiriz. Hai unha Vila visible a moitos kms de distancia nos montes circundantes visibles na foto.
Se ten qur ver con Eirís xa vemos que pode ter varios significados en Eirís, un dos cales pode vir de iris, en descuberto, segundo explicamos coa última foto. Tamén.
Non está de máis lembrar unha función de ris-riz (ao descuberto, visible desde lonxe, a podes localizar visualmente) na toponimia. É útil porque avisa de que tanto podes ser localizado (e ao mellor non queres que che localicen) como que se queres ir alí, a ese topónimo, podes localizalo visualmente se estás suficientemente alto nas proximidades. Ten a función de puntos GPS ou de triangulación que permiten crear a Carta Xeométrica do seu tempo celta.
- Log in to post comments