Sorprendentemente, hai moitos. Todo o mundo pensa que hai un, pero hai máis:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Lama do Courel | ENTRIMO | A Pereira (San Facundo) |
As Cortiñas do Courel | RIOTORTO | A Órrea (Santa Comba) |
As Regas de Courel | MEIRA | Meira (Santa María) |
Camiño de Courel | PÁRAMO (O) | Sa (Santiago) |
Courel | PÁRAMO (O) | Sa (Santiago) |
Courel | PÁRAMO, O | Sa (Santiago) |
Courel, O | RIOTORTO | Órrea, A (Santa Comba) |
Escola do Courel | RIOTORTO | A Órrea (Santa Comba) |
Folgoso do Courel | FOLGOSO DO COUREL | Folgoso do Courel (Santa María) |
Fonte do Courel | RIOTORTO | A Órrea (Santa Comba) |
O Courel | PONTENOVA (A) | Vilaboa (San Xulián) |
O Courel | RIOTORTO | A Órrea (Santa Comba) |
O Courel | SARRIA | Corvelle (Santa María) |
O Courelo | BRIÓN | Viceso (Santa María) |
O Courelo | POL | Torneiros (San Lourenzo) |
O Muín do Courel | RIOTORTO | A Órrea (Santa Comba) |
Pedrafita do Courel | FOLGOSO DO COUREL | Meiraos (Santa María) |
Regato de Courel | PÁRAMO (O) | Sa (Santiago) |
Seoane do Courel | FOLGOSO DO COUREL | Seoane do Courel (San Xoán) |
Para complicalo un pouco máis, courel, di a RAG que é
courel substantivo masculino Táboa que forma o extremo superior da borda dunha embarcación. Pintou o courel da dorna dunha cor rechamante. SINÓNIMOS cairel, caurel, regala
Pero este significado temos que desbotalo coma orixe dos termos toponímicos anteriores porque todos os topónimos están no interior de Galicia. Vamos, non están no mar.
Pois por onde podemos conectar con Courel? A miña opinión, baseada nas distintas visitas xeolóxicas á Comarca do Courel, e visitas culturais, nas que se puxo en evidencia a gran cantidade de minas do Courel, minas desde sempre
Romanas, coma Montefurado, buscando ouro.
Túnel de Montefurado
Anguieiros (túnel romano de Montefurado)
A mina de Toca, de Ouro
Antiga Mina de Antimonio no Courel
Mina de Rubiais
Veneira de Roques, Pobra de Brollón, o motivo do orixe da aldea son as súas minas subterráneas.
O Busto, Saa, A Pobra do Brollón unha mina de ferro.A Ferreirúa, A Pobra do Brollón mina de ferro
de época romana e están vinculados a explotacións mineiras. Dous exemplos son os de Vilar no Courel e Xegunde na Fonsagrada.
O recente CIMAR (Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana)
...Instituto Xeolóxico e Mineiro de España ao incluír parte da área no Punto de Interese Xeolóxico "Minas de Pintura" (PIG OR-3), que, ademais dun depósito presilúrico de limonita situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico, inclúe o estreito de Covas e o macizo calcario de Penarrubia.
E algunha mina romana máis. Entre elas temos que lembrar a catedral das minas en Galicia, as Médulas,
Que o que vemos en todas estas minas, sobre todo nas Médulas? Vemos os restos da estracción mineira, a separación entre o mineral do metal e a ganga que deixan moita escoura. Vemos
Escoirar, Escoira, Escoiral, Escoura, Escouredo, Escourido aquí que scoir, en celta dá escoira (a) Desenganchar, desenroscar. (b) Desconectar, separar. (c) Separar, separar. (d) Liberar, despedir. (e) Deter, terminar. 2. (a) Deterse, parar, descansar (b) Cesar, desistir. (c) Desintegrar.
Todos estes sinónimos de extracción mineira. Vimos que hai máis escoura (=escoria, castelán) que escoira. Vimos que Escoiral pode ser un lugar con escoira ou escoura. Así que:
1º Por ser oa comarca mineira por excelencia de Galicia, xa desde o tempos celtas ou romanos ata a actualidade. Con máis castros mineiros de Galicia.
2º Polo tanto o lugar de Galicia onde máis se separa o mineral da escoura (scoir) e, polo tanto, onde máis escoura se acumulou por miles de anos.
3º Perde o Es de Scoir=separar, e adáptase ao galego Scour. Xa só queda engadirlle o el ou al (escoiral), quizais, latino, significando onde abunda e temos Courel, lugar onde abunda a escoura das abundantes minas do Courel.
- Log in to post comments