Quero facer constar que os que elixiron o monte Gaiás coma o monte da Cidade da Cultura acertaron moi, moito.
E agora imos falar da Luz na Arte e na Ciencia e no mundo celta. Na Arte hai pouco que sinalar, a Luz é a fonte de toda imaxe ou visión corporal. E na Ciencia só basta dicir que as súas propiedades son abraiantes. Que é teimuda de modo que cambia o tempo e o espazo antes que cambiar a súa velocidade (Fórmulas de Lorentz e Experimento de Michelson). Que está no centro da conversión da dualidade masa-enerxía (E=mc^2, a fórmula de Einstein que relaciona masa (m) coa enerxía (E) a través da velocidade da luz (c)). Os seus misterios de onda-partícula inundan a ciencia e dan lugar aos cuantos de Planck e a toda a misteriosa e pouco comprensible, ainda que demostrable, Física Cuántica. Pois ben, desde sempre os nosos sabios ou druídas celtas adoraban a Luz e dábanlle nome ao seu Deus, Lug. Xa vimos como tiñan amor a Luz (Grallás). Pero no só eles.
Pitágoras dicía que Deus ten por alma a verdade e por corpo a luz.
Lug era o Deus da luz celta e patrón de Lugo. Por certo que é moi curioso que os mesmos historiadores que citan a Lugones coma unha cidade celta co nome de Lug sexan os mesmos que negan que Lugo sexa unha latinización de Lug. O que é verdade en Asturias convértese nun incrible cambio. Cal será a Solución de Lugo
Lug (a terra de Lug), latinízase co o, ou sexa Lug->Lugo e unha transformación ben sinxela. Mentres que a hipótese latina
Lucus->Lugo é unha transformación máis complicada. E máis crible consideralo un niño da guía ou, se o preferides, un sanjenjo. Algo así que ti dis Lug e eu impoño Lucus porque me peta. Desde logo Occkam diría que a súa navalla di que vén de Lug.
Ben, pois Lug tiña unha especie de raio láser que ademais lanzaba, fería e volvía a súa man coma fan os aboríxenes australianos coas súas armas tipo bumerán.
Que ten que ver todo isto con Gaiás e unha cousa leva a outra? Pois si, vimos hai pouco Grallás, e como unha cousa leva a outra Gaiás e unha forma de escribir Gallás, do mesmo xeito que os asturianos din Villaión cando sabemos que se refiren a Villallón.
Así que traducimos Gallás
ga1, m. (gs. ~, pl. ~thanna).1. Spear, dart. 2. Dart, sting. 3. Ray. 4. Radius.
gá1, m. (gs. ~). Need, requirement.
llás->las las, v.t. & i. 1. Light. (a)Cipíní, lampa, tine, 2. Blush, flush. 3. Flame, inflame. ou sexa Luz, rubor, chama, inflama...
Temos así varias posibles traducións:
Aqui (ga) neste punto preciso ou neste raio da zona temos Luz, luminosidade ou
Este monte está dedicado a Lug, bendecido por Lug
Ou se era unha zona boscosa e tupida entón necesitaría (gá) luz, iluminación.
Pero un raio (ray) de Luz é a máis poética. O raio máxico de Lug?
Se agora pensamos que dar luz, claridade, explicación, entendemento á vida é o que fai a cultura e a ciencia, xa temos a razón do que foi totalmente axeitada poñer a Cidade da Cultura no Gaiás. Sen mencionar que co deseño de Einseman das pedras brancas que refrexan o Sol e iluminan (de novo a Luz) e fan brillar a zona, péchase o significado milenario de Gaiás, cunha realidade actual concorde co nome milenario.
Os Gaiás:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Costa do Gaiás | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Santiago de Compostela |
Gaiás | LOBEIRA | Santa Cruz de Grou (Santa Cruz) |
O Gaiás | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Santiago de Compostela |
O Gaiás de Abaixo | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Santiago de Compostela |
O Gaiás de Arriba | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Santiago de Compostela |
O Gaiás de Fóra | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Santiago de Compostela |
O Monte Gaiás | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Santiago de Compostela |
Os Gaiás | VEREA | Sanguñedo (San Salvador) |
- Log in to post comments