Estes días pasei por Nemancos e Nemiña, palabras xa tratadas en celtia.org hai moito tempo. Que temos de novo? Pois as imaxes das igrexas que poden axudarnos a entender as igrexas de oración (gui) celtas.
Igrexa Parroquial de San Pedro de Leis de Nemancos
Un Poema Encantos
Igrexa Parroquial de San Cristovo de Nemiña e ainda a praia Nemiña e o poema Ó abrigo do vento circio
Para completar, as imaxes doutra igrexa celta en Ponteceso a Capela da Virxe do Faro
Ou as múltiples capelas antigas e minúsculas de Ponteceso e de toda Galicia, coma esta de Corme Capela de Corme Aldea
Vamos aos nomes. Xa vimos aquí en Celtia.org
Neman, outra volta á deusa Morrigan e
Leis e
Morriña
Agora podemos asegurar, polos nomes, que están celebrando a deusa da guerra celta Neman, (quen quizais sexa tamén coñecida coma Bandúa noutras zonas). San Cristovo é un deus ou deusa celta cristanizada, do que hai un montón de lendas por toda Galicia (un xigante galileo que...) e pinturas nas recén descubertas pinturas do século XV nas igrexas románicas da Ribeira Sacra ou Guitiriz. Hoxe tal santo xa non existe na Igrexa- xa cumpriu a súa función de enguedellar a mente dos galegos, mesturando culturas.
Imos ao cerne(kern), ao núcleo, ao centro do asunto. Que vemos nesas imaxes de capelas, ou igrexas celtas?
-En primeiro lugar unha construción escalonada- en realidade iso vese en todas as igrexas de Galicia, que vanse deteriorando e reconstruíndo cada vez máis grandes, cada vez máis desproporcionadamente grandes, sen medida, derrochando os cartos -posiblemente o ouro dos séculos XVII e XVIII- de América.
Unha aldea de 200 habitantes ten unha catedral de Holanda ou Finlandia, case.
Visto isto, as igrexas galegas "medran" co tempo, podemos observar en tres igrexas celtas canónicas, Nemancos, Nemiña e na Virxe do Faro. Nas dúas primeiras hai un ábside románico relativamente pequeno ou moi pequeno (en altura e anchura) que pasa a ser unha igrexa mediana en tamaño cara a portada. Hai como dúas igrexas dentro dunha. Da máis antiga consérvase o ábside e da outra, máis nova, faise a igrexa principal.
Pero a idea fundamental é que ese ábside aínda non é a igrexa celta primitiva, que, evidentemente, non é románica, é anterior, estaba alí mesmo, pero é ainda máis pequena. No caso da Virxe do Faro non hai esa transición románica e temos algunha pista máis: temos a igrexa antiga coa porta cara ao este, ao nacemento do día, máis pequena e a igrexa "nova", un pouco máis grande, coa porta ao solpor, como boa igrexa cristiá.
As igrexas celtas celebraban o día, que o sol volve a brilar, que Lug volve, e as cristiás celebran a morte do día, que imos morrer? Non teño máis proba que ese caso, pero o que si sei que a maioría das igrexas galegas están construídas e reconstruídas sucesivamente, conservando o lugar e seguindo as modas de cada milenio.
Outro, dos moitos exemplos de novacarta.eu, o temos no Castro e Ermida de Santa Comba, en Covas, Ferrol. Os de o noso patrimonio din "ata a época medieval (ermida e necrópole que supuxo a cristianización dun lugar pagano. A primeira mención da capela data do ano 868). "
Castro da Ínsua de Santa Comba
Tamén unha igrexa mínima en Melgaço pode alcanzar o título de prototipo de igrexa celta. Non tirei foto.
- Log in to post comments