kernel, kern e cerne.

Submitted by admin on Sat, 05/28/2022 - 10:46

Kernel ou kern non existe en irlandés, pero si en inglés. No dicionario vese

kernel, s. 1 a Eithne f, bia m (cnó). b Gráinne m (arbhair). 2 The kernel of the matter, croí an scéil.

Así que cerne é das palabras (coma Kin) que ou non se conservan en irlandés ou veñen diretamente do indoeuropeo.

Vaia, a RAG di que o escribin mal, que

cerna substantivo feminino1 Parte interior e máis dura do tronco dunha árbore. Cortar ata a cerna. SINÓNIMOS corazón, durame2 figurado Parte fundamental ou máis importante dunha cousa. Chegar á cerna da cuestión. SINÓNIMOS miolo, núcleo

cerna si, pero cerne non. A latinización milenaria do galego, se a palabra remata en consonante ou en e, pon un a ou un o e substitúe a e, non ten dúbida, o ILGA segue o costume dos últimos mil anos. Todo latino, que sone a latino. Ainda que non o sexa.

Se imos ao dicionario de protocéltico vemos que

GOlD: Olr. airne [io m] 'sloe, fruit of the blackthorn, kernel'

W: MW eirin [P] 'sloes, berries, plums'; eirinen [Singulative t]

BRET: MBret. irinenn 'sloe' PIE: *h2eg- 'fruit, berry' (IEW: 773)

COGN: MHG eekern 'acorn', Go. akran 'fruit', Lith. uoga 'strawberry', Russ.jagoda' strawberry'

Vemos que aparece froita coma significado e entre ela o "acorn", a landra, seguramente o pan durante miles de anos dos galegos no que a parte comestible é o núcleo do froito do carballo.

Está claro, cerne é galego de orixe celta moi antigo  e cerna está latinizado polo Ilga. Temos que agradecerlle un exemplo de latinización feita hoxendía, en vivo e en direto. Ainda que confunde as raíces: no mesmo dicionario vemos que cerna é ángulo-da mesma raíz co corner inglés. Vale a pena?

*kerna 'angle, comer' [Noun] GOlD: Mlr. cern [a f]