Ariño, Ariña

Submitted by admin on Sat, 05/28/2022 - 22:13

Visitei o día 25 Ariño e O Ariño. En novacarta.eu

O Ariño

Ariño na desembocadura do rego de Lamastredo

Vedes alí algún aro pequeno? Pois eu non o vexo. No listado

Ariño
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Punta do Ariño TOMIÑO Goián (San Cristovo)
Desembarque do Ariño TOMIÑO Figueiró (San Martiño)
O Ariño PADERNE Souto (Santa María)
O Ariño TOMIÑO Amorín (San Xoán)
O Ariño TOMIÑO Figueiró (San Martiño)
Ponte do Ariño TOMIÑO Estás (Santiago)
Ponte do Ariño TOMIÑO Figueiró (San Martiño)
Punta Norte do Ariño TOMIÑO Figueiró (San Martiño)
Punta Sur do Ariño TOMIÑO Figueiró (San Martiño)
Regueira do Ariño GUARDA (A) Salcidos (San Lourenzo)

A verdade que non están eses Ariño de Camariñas no listado no que predomina Tomiño e un da Guarda e Paderne. No mapa de Paderne, Ariño é unha pequena punta.

O que podemos observar é que no listado Ariño está ligado á palabra Punta (en 3 casos). É posible?

En celta si, Ariño foi no seu tempo A rinn, onde rinn é

rinn1, f. (gs. ~e, npl. reanna, gpl. reann). 1. Point, tip. 2. Top, apex; culmination. 3. point of land, cape, promontory. Polo tanto, punta.

Ese Arín sonoro convértese en Ariño xa que o diminutivo in convértese en -iño en galego (e ese in parece un diminutivo). Non hai ningún Aro en Ariño, hai unha punta. No caso de Camariñas, unha enorme punta. Podédelo ver nos mapas das praias de Camariñas de antes.Máis Ariños en Google Maps, a Illa de Ariño na desembocadura do Miño é unha illa en punta e a Punta de Ariño en Vilagarcía é unha punta, como di o nome.

Hai que observar que a conversión de rinn en riño, con final en o, latinizado en o, tamén pode ser en a. Ariña. Polo tanto, punta no mar, tamén.

Ariña
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Ariña CANGAS O Hío (Santo André)
Camiño da Ariña CANGAS O Hío (Santo André)
Camiño da Ariña TOMIÑO Piñeiro (San Salvador)
Cruceiro da Ariña TOMIÑO Piñeiro (San Salvador)

Ao que habería que engadir a praia de Ariña Branca en Camariñas, xusto polo outro lado da Punta na que tamén está Ariño.

Ariña Blanca.

O curioso é que esa punta en si chámase, agora, Punta Sandia. Noutro tempo A rinn san Dia. A punta en Deus, traducida. Co tempo A rinn convértese en Ariño e serve para nomear as praias (Ariño e Ariña, que están xusto arredor da punta).