Imos repetir a idea para que quede clara: os diminutivos celtas en -in convértense en galego en iño ou iña (nalgún caso non teñen nada de diminutivo e so acaban en -in (rinn, binn), e noutros coma neste caso de Chaín o significado de -in é de pequeno, pura e simple).
Así, a palabra chaín, traducida aquí por non pequeno, consérvase nuns poucos casos en versión celta así, vímolo hai pouco, pero nunha proporción maior vaise galeguizando ao diminutivo galego, Chaíño, tamén non pequeno, naturalmente- Cantos hai? No listado
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Cerrado de Chaíño | VALADOURO (O) | Frexulfe (Santa Eulalia) |
Chaíño de Baixo | VALADOURO (O) | Frexulfe (Santa Eulalia) |
Chaíño, O | VALADOURO, O | Frexulfe (Santa Eulalia) |
Chousas do Chaíño de Baixo | VALADOURO (O) | Frexulfe (Santa Eulalia) |
Cruz do Chaíño | VALADOURO (O) | Frexulfe (Santa Eulalia) |
Fonte de Vilachaíño | TEO | Teo (Santa María) |
Muíño de Vilachaíño | TEO | Teo (Santa María) |
O Chaíño | FERROL | San Xurxo da Mariña (San Xurxo) |
O Chaíño | MEZQUITA (A) | Castromil (Nosa Señora da Encarnación) |
O Chaíño | MURAS | Ambosores (Santa María) |
O Chaíño | SAMOS | San Xil de Carballo (San Xil) |
O Chaíño | TABOADA | Xián (Santa María) |
O Chaíño | VALADOURO (O) | Frexulfe (Santa Eulalia) |
O Chaíño | VALADOURO (O) | O Cadramón (San Xurxo) |
O Chaíño | XOVE | A Rigueira (San Miguel) |
O Porto do Chaíño | MEZQUITA (A) | Castromil (Nosa Señora da Encarnación) |
Os Chaíños | FORNELOS DE MONTES | A Laxe (San Xosé) |
Os Chaíños | PONTENOVA (A) | Conforto (Santa María) |
Pezas do Chaíño | VALADOURO (O) | Frexulfe (Santa Eulalia) |
Vilachaíño | TEO | Teo (Santa María) |
Aínda que se ve polas expresións que xa teñen un significado máis específico- pero non explicitado no RAG. Coma sempre, chaín non ten xénero, pero ao pasar a galeguizarse os galegos do seu tempo teñen un dilema masculino ou feminino? E cada un o resolve coma pode. Así, con menos frecuencia, hai chaíña
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Chaíña | CERDIDO | Cerdido (San Martiño) |
A Chaíña | RIBADAVIA | Ribadavia (San Domingos de Fóra) |
A Chaíña | VEIGA (A) | Valdín (Santa María) |
A Pena Chaíña | XOVE | Lago (Santa Eulalia) |
As Chaíñas | XOVE | Lago (Santa Eulalia) |
Camiño da Chaíña | VEIGA (A) | Valdín (Santa María) |
Chaíña | PONTENOVA (A) | A Pontenova (Sagrado Corazón) |
Chaíña, A | CERDIDO | Cerdido (San Martiño) |
Penachaíña | XERMADE | Cabreiros (Santa Mariña) |
Eu lembro hai moitos anos, en Ferrol, chaíña viña sendo cobarde: ese é un chaíña. A explicación, se non eras pequeno e fuxías, non te enfrontabas, é que eras un cobarde.
Pois ben o outro exemplo de Chavín de Viveiro, en realidade cha binn, como xa expliquei, ten a súa contrapartida galeguizada, Chaviña, moito máis abundante
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Chaviña | AMES | Bugallido (San Pedro) |
A Chaviña | BURELA | Burela (Santa María) |
A Chaviña | CARNOTA | Santa Comba de Carnota (Santa Comba) |
A Chaviña | CASTRO CALDELAS | Mazaira (Santa María) |
A Chaviña | CERVO | Rúa (Santa María) |
A Chaviña | CORGO (O) | Gomeán (Santiago) |
A Chaviña | CORGO (O) | Marei (Santa María) |
A Chaviña | ENTRIMO | Venceáns (San Tomé) |
A Chaviña | LOBIOS | Manín (San Salvador) |
A Chaviña | MANZANEDA | San Martiño de Manzaneda (San Martiño) |
A Chaviña | MONDOÑEDO | Santiago de Mondoñedo (Santiago) |
A Chaviña | TEO | Recesende (San Xoán) |
A da Chaviña | OIA | Loureza (San Mamede) |
A Rechaviña | POL | Hermunde (San Pedro) |
A Uchaviña | CAMPO LAMEIRO | O Campo (San Miguel) |
As Chaviñas | CASTRO CALDELAS | Mazaira (Santa María) |
As Chaviñas | OIA | Burgueira (San Pedro) |
As Chaviñas | OIA | Oia (Santa María) |
Aquí ninguén lle pon xénero masculino, Chaviño, porque non significa nada mentres que Chaviña significa en galego chave pequena. A xente escolle Chaviña, pero que fai unha chaviña nun monte? Darlle sentido semántico á palabra non significa darlle sentido semántico á palabra no contexto onde existe.
- Log in to post comments