Acabouno de realizar onte Inés Ben nun punto de novacarta.eu
Paseo de Malates
Un punto dunha beleza impresionante cunhas fotografías ainda máis abraiantes.
Despois de velas compría preguntarse ten algo de celta Malates?
Pois eu penso que si, a Malata de Ferrol (é unha bolsa) ten a contrapartida dunha Malata en Foz e a Malata de Barreiros que son unhas bolsas de mar na costa. O que non sabía é que había un Malates (bolsa quente) tamén que é a que estamos contando.
mála, m. (gs. ~, pl. ~í). Bag. En portugués quedou o significado de maleta para mala.
te, a. (gs. ~, npl. & comp. teo). Hot, warm.
No mapa vese perfectamente ese efecto de bolsa ben recollida e aillada da zona.
Como se extende a fama e a falacia que malata ven de enfermo (francés ou italiano) e polo tanto as casas que recollían eses enfermos eran malatas, imos a liberarnos desas falacias.
1-estamos en Galicia a palabra de enfermo é esa e non malata.
2-Os edificios para coidar leprosos e enfermos variados chámanse lazaretos -de Lázaro -en Lugo e en moitos sitios hai un. Non coñezo ningún edificio chamado malata no que se coidase a ningún enfermo. En toda Galicia. Eran edificios fantasmas?
3-As malatas mariñas investigade e veredes que son calas, bolsas coma as de Foz e non hai ningún edificio chamado malata ao redor. O lugar xeográfico chámase malata porque reúne unhas determinadas propiedades, non por conter ningún edificio.
Se poñemos o listado das sesenta malatas do listado de Galicia veredes que non teñen nada que ver con Lazaretos, enfermidades, edificios, monxes, nin nada parecido.Teñen que ver con bolsas xeográficas.
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Malata | BARREIROS | Cabarcos (San Xulián) |
A Malata | BARREIROS | Reinante (Santiago) |
A Malata | CAPELA (A) | A Capela (Santiago) |
A Malata | CEDEIRA | Régoa (Santa María) |
A Malata | CERDEDO | Quireza (San Tomé) |
A Malata | CORGO (O) | Fonteita (Santiago) |
A Malata | CORGO (O) | O Alto (Santalla) |
A Malata | FENE | Limodre (Santa Eulalia) |
A Malata | FERROL | Doniños (San Román) |
A Malata | FERROL | Serantes (San Salvador) |
A Malata | GUARDA (A) | A Guarda (Santa María) |
A Malata | OZA DOS RÍOS | Salto (San Tomé) |
A Malata | PASTORIZA (A) | Lagoa (San Xoán) |
A Malata | PASTORIZA (A) | Vián (Santa María) |
A Malata | POL | Lea (San Bartolomeu) |
A Malata | POL | Suegos (Santa Eulalia) |
A Malata | PONTENOVA (A) | Xudán (Santa María Madanela) |
A Malata | RIBADEO | A Devesa (Santalla) |
A Malata | RIBADEO | Arante (San Pedro) |
A Malata | RIBADEO | Couxela (Santiago) |
A Malata | SARRIA | Goián (San Miguel) |
A Malata | TRABADA | A Ría de Abres (Santiago) |
A Malata | XOVE | Xuances (San Pedro) |
A Malata de Dentro | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Figueiras (Santa María) |
A Malata de Fóra | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Figueiras (Santa María) |
A Malata de Fóra | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Santiago de Compostela |
As Malatas | LARACHA (A) | Caión (Santa María do Socorro) |
As Malatas | LARACHA (A) | Golmar (San Bieito) |
As Malatas | LARACHA (A) | Torás (Santa María) |
As Malatas | MONDOÑEDO | Santiago de Mondoñedo (Santiago) |
As Malatas | MURAS | Muras (San Pedro) |
As Malatas | OUROL | Ourol (Santa María) |
As Malatas | XOVE | Portocelo (San Tirso) |
As Malatas | XOVE | Sumoas (Santo Estevo) |
Camiño da Malata | FENE | Limodre (Santa Eulalia) |
Camiño das Malatas | LARACHA (A) | Lestón (San Martiño) |
Encima da Malata | PONTENOVA (A) | Xudán (Santa María Madanela) |
Encima das Malatas | XOVE | Portocelo (San Tirso) |
Estrada da Malata | FERROL | Serantes (San Salvador) |
Fonte da Malata | BARREIROS | Cabarcos (San Xulián) |
Fonte Malata | PALAS DE REI | Lestedo (Santiago) |
Malata, A | ABEGONDO | Vizoño (San Pedro) |
Malata, A | ARES | Caamouco (San Vicente) |
Malata, A | FERROL | Serantes (San Salvador) |
Malata, A | SILLEDA | Oleiros (San Miguel) |
Malatas de Abaixo | LARACHA (A) | Caión (Santa María do Socorro) |
Malatas de Arriba | LARACHA (A) | Caión (Santa María do Socorro) |
O Cal da Malata | MAÑÓN | Bares (Santa María) |
O Monte da Malata | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Figueiras (Santa María) |
O Monte da Malata | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Santiago de Compostela |
O Ollo da Malata | RIBADEO | A Devesa (Santalla) |
Os Portamalatas | PALAS DE REI | Merlán (San Salvador) |
Praia da Malata | BARREIROS | Reinante (Santiago) |
Rego da Malata | BARREIROS | San Miguel de Reinante (San Miguel) |
Rego da Malata | PONTENOVA (A) | Xudán (Santa María Madanela) |
Rego da Malata | RIBADEO | A Devesa (Santalla) |
Ningún deses nomes asóciase con edificios (agás o campo de futbol da Malata en Ferrol) e si con montes, regos, fontes, praias, camiños e perfís xeográficos.
En canto a malates hai moitos menos, pero os hai
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Capela do Cristo dos Malates | VIVEIRO | Viveiro (Santa María e Santiago) |
Malate | MAÑÓN | As Grañas do Sor (San Mamede) |
Malate | SOMOZAS (AS) | Recemel (Santa María) |
Malate, O | VALDOVIÑO | Loira (San Pedro) |
Malates | ARANGA | Aranga (San Paio) |
Malates | CARIÑO | Sismundi (Santo Estevo) |
Malates | FOZ | Foz (Santiago) |
Malates | VICEDO (O) | San Miguel de Negradas (San Miguel) |
Esta punta de Malates en google maps apunta a que toda a Ría de Foz é un Malates. O pazo de Malates en Viveiro está sobre unha bolsa de mar
- Log in to post comments