Imos ver palabras da toponimia que comezan por Muga
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Cemiterio de Mugardos | MUGARDOS | Mugardos (San Xulián) |
Colexio de Mugardos | MUGARDOS | Mugardos (San Xulián) |
Fonte da Muganga | MURAS | Muras (San Pedro) |
Grupo Escolar de Santa María de Mugares | TOÉN | Mugares (Santa María) |
Igrexa de Mugardos | MUGARDOS | Mugardos (San Xulián) |
Igrexa de Santa María de Mugares | TOÉN | Mugares (Santa María) |
Mugade | CALVOS DE RANDÍN | Vila (Santa María) |
Mugardos | MUGARDOS | Mugardos (San Xulián) |
Mugardos | NARÓN | Pedroso (San Salvador) |
Mugares | TOÉN | Mugares (Santa María) |
O Samugal | ARTEIXO | Morás (Santo Estevo) |
Que é muga en celta?
muga, m. (gs. ~, pl. ~í). Mug. Sendo mug cunca.
Así que Mugares (un lugar que está a recuperar o seu antroido, case perdido) significa cultivo de cunca. Facían cuncas? Máis ben parece que cultivaban vexetais que se tomaban en cunca -quizais caldos, fabas,...
Así como hai cociña de culler, tamén hai cociña de cunca. Iso parece que facían en Mugares.
En Mugade poden falar de algo equivalente ao Santo Grial, ainda que, probablemente, séculos antes de existir. A razón? Muga dé tradúcese pola Cunca de Deus o cal podería ser ese Grial senón fosen eses desaxustes de tempos.
E unha primeira ollada a Mugardos fainos descobrir unha multitude de topónimos -ata 3000- baseados en ard- que significa alto.
ard1, m. (gs. aird, npl. ~a, gpl. ~).1. Height, hillock. 2. Top, high part.
ard2, a1. 1. High, tall.
ard-3, pref. (Lenites b, c, f, g, m, p) 1. High. 2. Arch-, chief. 3. Excellent, noble. 4. Advanced.
Así que Mugardos, a primeira vista, fala dunha cunca -quizais enseada curva, o porto, e de Montefaro, o monte ben alto que inunda a contorna de Mugardos. Hai que lembrar que o castro está baixo o IES, a media altura do monte.- Log in to post comments