O Vicedo

Submitted by admin on Mon, 07/04/2022 - 21:54

O Vicedo é un concello de Lugo. Nesa entrada da Galipedia cóntase a azarosa vida do concello.

Aqui tedes o mapa de google maps do concello. Na parte esquerda vemos que o esteiro do Lor e o mesmo río Lor é a delimitación do concello e mesmo do paso desde a vila de Vicedo cara a Ortigueira.

Imos ver en celta o significado e para iso o descompoñemos en bi+cedo

bi, xa o temos visto significa existe

3, substantive v.  Be. 1. Exist.

E cedo vimos nas entradas anteriores significa paso. Existe paso, xa que logo.

Temos que propoñer un sitio preto da vila no que poidese ser dificil pasar. Para min o problema de paso do Vicedo está no esteiro do río Lor ou no mesmo río. Se imos ao mapa de antes, se non existise no seu momento unha ponte, quizais de madeira, terás que subir bastante na provincia de Lugo, para sortear o dificultade do río Lor, e despois volver cara a mesma costa ata chegar ao Vicedo (ou viceversa na viaxe inversa). De feito hoxendía existen varias pontes que cruzan o esteiro do Lor, de ferrocarril, deseñado por Eiffel, o da Torre de París, e de estrada. Ver as imaxes en novacarta.eu

Ponte Metálica do Barqueiro

O cal suxire outra posibilidade, o paso do Vicedo era do barqueiro, (que vivía alí, no Barqueiro), utilizando barca. Para ver a dificultade do paso, incluso hoxe, ver que no mapa anterior ten ainda dúas pontes máis no río Lor, A ponte Colgante e a ponte do Porto.

Lembráronme, tamén, que unha situación parecida a Vicedo a tiña Ribadeo ata hai poucos anos. Para ir a Asturias desde Ribadeo tiñas que pasar a Vegadeo (ou A Veiga) e despois subir. Asi que Ribadeo, despois de construír a ponte,  pode hoxe dicir que existe paso, Vicedo. Antes, non.