Ven de pinus, en latín. Din. Plinio O Vello xa o dicía describindo a erupción do Vesubio. É certo, pero nas linguas indoeuropeas abunda o pin (inglés-pine- ou francés -pin-, que poden ser de orixe latina ou celta. Como acabamos de ver na entrada anterior).
Pinen e pinón en xermano antigo, pina en sánscrito e noruego. Coma noutras palabras, está claro que a influencia latina foi decisiva, sobre todo na latinización co o final, pero non quere dicir que aquí xa diciamos pin para pino e non nos costou nada adaptarnos á versión latina, lixeiramente parecida.
Así temos a cantidade de 1732 entradas no listado de toponimia galega que conteñen pin. Tanto pino ou pinos coma pinal, pinela (non tan latinos), pinar,...
pín, f = péine1.
péine1, m. (gs. ~). Pine. Crann ~, pine-tree.
A raiz protoindouropea é pei(e) ou pei(a),-Pokorny- Significando leite e graso ou resina. De onde sae péine e pin celta para pino.
Garapina contén Gara que é unha forma gramatical de gar gar1, m. (gs. gair, pl. ~anna). 1. Nearness, proximity. Próximo ao pino, din en Garapina (e non garapino, demostrando que a palabra de base era pin e non pino). Ese pino debería ser notable, especial.
Pinga é posible que veña da resina do pino que pinga, xustamente, ainda que moi lentamente. Pingarela serán pinos próximos ou conxunto de pinos, pinar ou pinal, o equivalente de gueira noutras palabras semellantes.
Agora vén a explicación de porque a RAG prohibe pino (agás na versión de inclinado) e elixe piñeiro. Hai un importante linguista que quería prohibir pino no corrector ortográfico que fixen eu. Non o fixo porque desbotaba pino= inclinado. Todo hai que dicilo, non ten nin idea de etimoloxía indoeuropea e colle o Corominas para consultar unha etimoloxía (como todo o mundo en Galicia, por outra banda).
Ben as 1700 entradas de pin ou pino na toponimia apuntan a que está equivocado. Todo o mundo en Galicia di pino. O poema do Himno Galego de Pondal fala dos pinos en perfecto galego, indoeuropeo e ainda celta. O cal non quere dicir que piñeiro estea mal expresado. Galego medieval que é galego asentado imitando o eiro-eira de moitas palabras orixinais celtas, que quere ser máis celta ca os celtas, vaia. Hoxe diriamos un hiperceltismo galego medieval. Válido por tradición pero non por orixe.
Por último péine ten pinta de existir tamén en Galicia
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Cortiña do Peineiro | RIOTORTO | Aldurfe (San Pedro) |
A Peineta | VIANA DO BOLO | Quintela de Umoso (Padre Eterno) |
Peineto | CAMPO LAMEIRO | O Campo (San Miguel) |
pero tamén os que comezan por pein poden ser lugares de pinos:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Cortiña do Peineiro | RIOTORTO | Aldurfe (San Pedro) |
A Eira do Peinada | LOBIOS | San Paio de Araúxo (San Paio) |
A Peinada | OIA | Pedornes (San Mamede) |
A Peinavalla | VEIGA (A) | Valdín (Santa María) |
A Peinciega | PONTENOVA (A) | Conforto (Santa María) |
A Peineta | VIANA DO BOLO | Quintela de Umoso (Padre Eterno) |
A Verde de Peinó | CORGO (O) | Queizán (Santa María) |
Cabozo de Peinó | PONTENOVA (A) | Vilameá (San Vicente) |
O Pozo Peinado | VIGO | Vigo |
Peinador | VIGO | Cabral (Santa Mariña) |
Peincega | PONTENOVA (A) | Vilaboa (San Xulián) |
Peineto | CAMPO LAMEIRO | O Campo (San Miguel) |
Peinúnez | CAMPO LAMEIRO | Fragas (Santa Mariña) |
Presa da Peinada | OIA | Pedornes (San Mamede) |
- Log in to post comments