cora, encoro, encorar

Submitted by admin on Mon, 08/08/2022 - 00:31

-Cora en gaélico é

cora1, f. (gs. ~, pl. ~í).1. Weir. ~ éisc, fish-weir. Cuaillí ~, weir stakes. 2. Rocky crossing-place in river. Cloch chora, stepping-stone. 3. Rocky ridge extending into sea or lake.

Imos ao inglés e weir é

a low dam built across a river to raise the level of water upstream or regulate its flow. Presa baixa construída sobre un río para elevar o nivel da auga augas arriba ou regular o seu caudal.  Para peixes. Rochas cruzando o río.

Imos ao RAG e cora en galego (lume que se fai na boca do forno) podería ter un moi lonxano parecido ao significado-non deixar pasar a calor- pero, en cambio, en encoro si que a concordancia é total. Di a RAG Para todas as acepcións SINÓNIMOS encalco, presa, represa substantivo masculino1 Depósito que se forma nun curso de auga e que pode ser natural ou artificial. Nun encoro do río poñíase o liño de remollo. SINÓNIMO estanque CONFRÓNTESE pantano2 Construción que impide o paso das augas para que estas se acumulen. Construíron un encoro para poder producir electricidade. SINÓNIMO vaira

Así que o significado de cora na toponimia é encoro. Cora=encoro. Pero realmente son a mesma palabra, non? Encoro é unha palabra celta. Quizais vén de In cora. Así coma encorar.

verbo transitivo1 Deter [a auga] nun lugar formando un encoro. Encorar a auga para abastecer a cidade. verbo intransitivo2 [Auga] deterse nun lugar formando un encoro. A auga encorou nun relanzo e anegouse o camiño.

Hai algúns cora

cora
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Chousa de Cora VICEDO (O) Río Barba (San Paulo)
A Chousa do Bacoral TOQUES San Martiño de Oleiros (San Martiño)
A Cora ALFOZ O Pereiro (Santa María)
A Coraceira PEDRAFITA DO CEBREIRO Riocereixa (Santa María Madanela)
A Escora CERVO Rúa (Santa María)
A Escora VIVEIRO Chavín (Santa María)
A Fócora MONTEDERRAMO A Medorra (Santiago)
A Fócora PARADA DE SIL Chandrexa (Santa María)
A Fócora POBRA DE TRIVES (A) Mendoia (Nosa Señora da Concepción)
A Pena da Cora CEDEIRA Montoxo (San Xiao)
As Bácoras CAMBRE Cecebre (San Salvador)
As Coraceiras CASTRO CALDELAS Pedrouzos (San Mamede)
As Coraceiras CASTRO CALDELAS Trabazos (Santa Olaia)
As Coras PANTÓN Tribás (San Martiño)
As Fócoras PARADA DE SIL San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)
Camiño da Escorada CANGAS Coiro (San Salvador)
Camiño de Cora VALADOURO (O) Vilacampa (Santa María)
Cora ESTRADA, A Cora (San Miguel)
Cora VIVEIRO Valcarría (Santo Estevo)
Coraceiro PÁRAMO (O) Vilarmosteiro (Santa Eufemia)
Coral BANDE Corvelle (Santa María)
Escora, A VIVEIRO Chavín (Santa María)
Fócora PARADA DE SIL Chandrexa (Santa María)
Fonte da Escora VIVEIRO Chavín (Santa María)
Fonte de Cora MONDOÑEDO Santiago de Mondoñedo (Santiago)
Fontepécora MOECHE Abade (Santiago)
Líncora CHANTADA Camporramiro (Santa María)
Marcoraos de Abaixo MELIDE Folladela (San Pedro)
Marcoraos de Arriba MELIDE Folladela (San Pedro)
Muíño de Cora VICEDO (O) Mosende (San Pedro)
Muíño de Cora VIVEIRO Valcarría (Santo Estevo)
O Monte de Cora MONDOÑEDO Santiago de Mondoñedo (Santiago)
O Monte de Fontepécora MOECHE Abade (Santiago)
O Prado de Cora VICEDO (O) Río Barba (San Paulo)
O Rego da Escora CERVO Rúa (Santa María)
Onde encora a Auga MUÍÑOS Requiás (Santiago)
Punta do Camiño de Cora VALADOURO (O) Vilacampa (Santa María)
Rego da Escora CERVO Rúa (Santa María)
Rego de Cora VIVEIRO San Pedro de Viveiro (San Pedro)
Rego de Cora VIVEIRO Valcarría (Santo Estevo)
Tras da Coraceira PEDRAFITA DO CEBREIRO Riocereixa (Santa María Madanela)

Rego de Cora ou da Escora confirman o significado de cora, o muíño de Cora, tamén. E, probablemente, moitas das outras. Penso que non hai dúbida ningunha da celticidade da cora galega, do encoro e de encorar. Desde logo, todos os topónimos presentados teñen un moi difícil encaixe en cora-lume no forno.

Encoros hai 81 no listado de toponimia.