mata

Submitted by admin on Mon, 08/15/2022 - 11:00

Hai palabras que teñen unha raiz latina, incluso dobre ou triple coma mata

mata substantivo feminino Operación de matar o porco. O domingo fun á mata á casa de meus pais. SINÓNIMOS matalota, matanza

mata substantivo feminino1 Botánica Planta baixa, de toro curto que ten as pólas a carón da terra. Con todas as matas que recolleran fixeron unha fogueira.2 Botánica Conxunto ou formación de plantas baixas, de toro curto e con pólas desde a base. Unha mata de toxo cubría a chaira.

E do verbo matar, claro.

Pero tamén un significado celta claro

máta, m. (gs. ~, pl. ~í). Mate. ~ (loinge), (ships) mate. Compañeiro, colega, marido, muller, veciño ... ou ben

mata, m. (gs. ~, pl. ~í). Mat. 1. ~ luachra, tuí, rush-, straw-, mat. ~ boird, folcadáin, tairsí, table-, bath-, door-, mat. ~ stoipéid, collision mat. 2. ~ farraige, sea-mat. Esteira, tapete, capacho...

Así que temos un dobre significado na toponimia, latino ou celta, e, moitas veces, topónimos deformados para darlle un significado latino a algo que, aparentemente, non ten significado ningún. Dos 229 topónimos no listado moitos son matadoiros do verbo matar, latinos, outros son dese tipo que matan algo matacabalos, que ou ben, son un sitio de difícil acceso, ou ben un inventado para un lugar sen plantas. Quedan, ademais, as mata. Que son latinas ou celtas? Vexámolas:

mata
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Cruz da Mata POL Valonga (Santa María)
A Ladeira da Mata MANZANEDA Cesuris (Santa María)
A Mata BAIONA Baíña (Santa Mariña)
A Mata CASTRO DE REI Ramil (Santa Mariña)
A Mata CASTROVERDE A Pumarega (Santa Mariña)
A Mata MANZANEDA Cesuris (Santa María)
A Mata OIA Mougás (Santa Uxía)
A Mata PEDRAFITA DO CEBREIRO Padornelo (San Xoán)
A Mata POL Valonga (Santa María)
A Mata VILARDEVÓS Fumaces e A Trepa (Santa María)
A Mata de Lucas VILARDEVÓS Vilarello da Cota (Santa María)
A Mata de Valiña VIANA DO BOLO Pexeiros (Santa María)
A Mata do Pontón VIANA DO BOLO Pexeiros (Santa María)
A Matadora RIBEIRA Palmeira (San Pedro)
A Matagueira ARTEIXO Sorrizo (San Pedro)
As Cortiñas da Mata ROIS Ermedelo (San Martiño)
As Pedras da Mata BAIONA Baíña (Santa Mariña)
As Pedreiras da Mata POL Valonga (Santa María)
Camiño da Mata do Forno RAIRIZ DE VEIGA Guillamil (Santo André)
Cruceiro da Mata TOMIÑO Tomiño (Santa María)
Fonte dos Ulleiros da Mata OIA Mougás (Santa Uxía)
O Camiño do Val da Mata Preta GUDIÑA (A) A Gudiña (San Martiño e San Pedro)
O Monte da Mata MANZANEDA Cesuris (Santa María)
O Val da Mata Preta GUDIÑA (A) A Gudiña (San Martiño e San Pedro)
Os Campos da Mata OIA Mougás (Santa Uxía)
Os Ulleiros da Mata OIA Mougás (Santa Uxía)
Pista da Mata OIA Mougás (Santa Uxía)
Regueiro da Mata OIA Mougás (Santa Uxía)
Rodeira da Mata VILARDEVÓS Fumaces e A Trepa (Santa María)

E as matas

matas
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
As Matas CARNOTA San Mamede de Carnota (San Mamede)
As Matas TOMIÑO Goián (San Cristovo)
As Matas de Arriba CARNOTA San Mamede de Carnota (San Mamede)
Camiño de Matasapos VIANA DO BOLO Pexeiros (Santa María)
Matas SARRIA Lier (Santa María)
Matasapos VIANA DO BOLO Pexeiros (Santa María)
O Alto das Matas CARNOTA San Mamede de Carnota (San Mamede)
O Horto de Matas SARRIA Lier (Santa María)
Porta das Matas, A MESÍA Cumbraos (Santa María)

Probablemente, na toponimia, as matas botánicas serían denominadas así, en plural, matas e non unha mata illada. Ou ben unha matagueira (da que temos un caso). Pero regueiro da mata préstase a ser o regueiro do compañeiro ou veciño. Moitas delas, ou todas, necesitarían unha visita e falar cos veciños e veciñas para determinar se o significado é latino ou celta, principalmente botánico ou de veciño ou de esteira metafórica. En realidade, Corominas e etimoloxías de Chile opinan así. Mata latina é un préstamo doutra lingua. Corominas di que semítica que se introduce a través da esteira, pero acabamos de ver que mata en celta é esteira. Así a orixe botánica e de compañeiro son celtas ambalasdúas.