Xubín

Submitted by admin on Mon, 02/20/2023 - 22:23

En principio, parece que di que Subín. Onde o hai e que significa?

xubín
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Fonte de Xubín SARRIA Vilamaior (Santa María)
A Ponte de Xubín SARRIA Vilamaior (Santa María)
Arxubín QUIROGA Hospital, O (San Salvador)
O Camiño de Xubín SARRIA Vilamaior (Santa María)
Vilarxubín FONSAGRADA, A Trobo, O (Santa María)
Xubín ABADÍN Moncelos (Santiago)
Xubín CENLLE Razamonde (Santa María)
Xubín GUNTÍN Mosteiro (Santa María)
Xubín OLEIROS Oleiros (Santa María)
Xubín SARRIA Vilamaior (Santa María)
Xubín SILLEDA Cortegada (Santa María)
Xubín, O LALÍN Bendoiro (San Miguel)

Que significa? Pois se imos aos escritos de Nicandro, aos escritos deste alemán, non mellor deste outro francés que tamén dixo que... entonces averiguaremos que...

Parvadas. Para saber que quere dicir Xubín só hai que ler celtia.org, visitar un lugar Xubín e comprobar que nese lugar o que di celtia.org que significa é o que vemos na realidade, Tiraremos 4 ou cinco fotos e poderemos demostrar que, urbi et orbi, o significado de celtia.org é o real, pese aos mil enchufados que se empeñan en dicir o contrario. Sen tanta acritude, estou moi contento pois é unha entrada que vai ter un contexto fotográfico constatable e verificable.

Hoxe pasei- ía a Cenlle, -para novacarta.eu- e mirei que había na estrada ao concello de Cenlle un Xubín. Traducino de inmediato:

Xu, en celtia.org é 1, m. (gs. ~, pl. ~nna).1. Juice. (a)~ líomóidí, oráistí, lemon-, orange-, juice. É dicir Zume. (a)~ líomóidí, oráistí, limón-, laranxa-, zume.

Iso está explicado hai anos en celtia.org na entrada Xubia, por exemplo. E noutras máis...

E bin que era bin? Pois nos dous últimos anos expliqueino abondosamente binn1, f. (gs. ~e, npl. beanna, gpl. beann). 1. Peak.

Zume no pico ou pico do zume. E agora poderemos ver cal era o zume máis abundante en Galicia, de tal modo que en Galicia probablemente era o zume por antonomasia: o viño. En Xubín danse unhas condicións especiais de inclinación respecto ao Sol nos meses en que se produce a uva para que desde hai 2000 anos teña nese pico e xustamente en 500 metros de estrada a Cenlle a ladeira do monte que sobe ao pico estean cheas de socalcos e pendentes cheas de viñas, por riba e por baixo da estrada. Só nesa zona de Xubín hai unha produción de viño. As fotos non son dos socalcos grandes. Pero crédeme que habelos, hainos.

Quedeime na noite pensando porque era especial Xubín, porque mantivo a produción de viño durante 2000 anos e porque era diferente doutros lugares que teñan a mesma orientación ao Sol. E a resposta está en Concello Cenlle e na súa sexta e séptima foto, fotos do río Miño no que se ve un moi pronunciado xiro do río nesa zona. E no propio mapa da zona un pouco máis abaixo. O Río Miño ensánchase despois dunha zona moi estreita (na que aumentou a velocidade -efecto Venturi-do río e do aire por riba). Co sol do verán prodúcese moito vapor e néboa húmida. Que coa velocidade collida van en liña recta contra a zona de Xubín. A zona de Xubín ten un sistema de rega natural por orballo- estilo israelí. Por iso é especial e se mantén durante 2000 anos ese cultivo. Asi mesmo ese proceso pode explicar a produción de uva na Ribeira Sacra, nos canóns do Sil, ben estreitiños e altos eles.

Sen máis, as fotos: