gallán, gargallán, nugallán

Submitted by admin on Wed, 05/24/2023 - 18:17
gallán
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Cortiña de Gargallán POL Silva (Santiago)
Camiño da Quirincosta de Gallán TOMIÑO Barrantes (San Vicente)
Fonte de Gallán TOMIÑO Barrantes (San Vicente)
Gallán TOMIÑO Barrantes (San Vicente)
Gargallán CASTRO DE REI Ramil (Santa Mariña)
Muíño de Gargallán POL Silva (Santiago)
Nogalláns TRAZO Berreo (San Mamede)
O Gallán SANTIAGO DE COMPOSTELA Marantes (San Vicente)
O Outeiro de Nugallán LAMA (A) Covelo (San Sebastián)
O Pasteiro de Gargallán CASTRO DE REI Ramil (Santa Mariña)
Pozo da Cacha de Gallán TOMIÑO Barrantes (San Vicente)
Presa de Gallán TOMIÑO Barrantes (San Vicente)
Regueira da Cacha de Gallán TOMIÑO Barrantes (San Vicente)

Comezamos con gallán:

gallán, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~).1. Standing stone, pillar-stone. Archeol: Menhir. S.a. gaoin. 2. Stiff, erect, person. 3. Warty growth (in cattle). 4. Bot:~ greanchair, coltsfoot. ~ mór, butterbur. Ou sexa,
1. Pedra de pé, pedra-piar. Arqueoloxía: Menhir. S.a. bágoas 2. Rixido, erguido, persoa. 3. Crecemento verrugoso (no gando vacún). 4. Bot:~ greanchar, coltsfoot. ~ grande, manteiga.
Xa sabemos como se di Menhir en celta galego.

Vexamos, de novo, e de modo diferente, gargallán. Agora dividimos por gar

gar-3, pref. Near, close; approximate. Preto; aproximado.
Asi que nesta división sae o significado preto do menhir, preto da pedra de pé. Así, unhas certas pedras chantadas ou pedras fitas especiais ou extraordinarias poderían servir como marcas de referencia xeográfica.
En canto a unha persoa ríxida, ou persoa erguida, que non dobra os cadrís para traballar é o sinónimo natural de lacazán, nugallán ou nogallán. O papel do u en moitas palabras galegas é o de traballar (verémolo máis adiante coma unha hipótese persoal na tradución de centos de palabras galegas).
Neste primeiro exemplo estaría dicindo nu=non traballa, gallán, é unha persoa ríxida. Hoxe diriamos un moble, non fai nada...