Vilaleo

Submitted by admin on Sun, 05/28/2023 - 13:32

Vilaleo é unha parroquia de Láncara á que fun onte.

Igrexa Parroquial de Vilaleo

Se buscas a razón do nome dependerá da fantasía do interlocutor. Uns diranche que ven de Leo, ou que ou ben todos os habitantes de Vilaleo nacen na época do ano de Leo, por tradición. Ou do latín Leo-nis, pois os romanos viran moitos pola zona. Ou ben que había alí unha Legio romana para defenderse dos Lancaraos e a palabra Legio deu lugar a (non a León) senón ao máis familiar Leo.

Ou ben que Leónidas non morreu nas Termópilas cos seus 300 espartans, senón que fuxiu, e, avergoñado,  foi moi lonxe ata Láncara, en Gallaecia, dando lugar a que os seus amigos chamasen familiarmente ao lugar Vilaleo.

Ou ben, que vén do celta, que horror!, que trapallada!

leo1, m. (gs. ~, pl. ~nna). Slush, slime. ~ ola, oil slick. Ou sexa leo1, m. (gs. ~, pl. ~nna). fango, limo. ~ ola, mancha de aceite.

Se mirades ben a primeira foto da igrexa veredes que Vilaleo está nunha ladeira con abundante vexetación e probable fango e limo no inverno. Cal será o significado?