Aguiño

Submitted by admin on Mon, 04/14/2025 - 20:19
Aguiño

Aguiño está preto de Ribeira. Que ten de especial? Que hai en Aguiño que lle poida dar nome?

En celta, claro. En primeiro lugar, deconstruímos a palabra para poder chegar á palabra orixinal celta:

A -guinn, A o artigo, ás veces an (andión, anllóns), ás veces a (A res) imaxino que seguindo regras de sonoridade que non teño estudadas, pero coma contei outras veces é unha das características distintivas do celta. As palabras "leniten", cambian de forma e son dependendo das que a rodean na frase. Porqué guinn? porque para chegar a Aguiño debe ter un dobre nn para crear unha ñ. E o o final créase pola manía de latinizar acabando en vocal que lle entran aos clérigos que escriben en latín na época romana e posterior. Inaugurando a cohorte de latinistas galegos.

Así o misterio redúcese, simplemente, a guinn:

Pois  ginn, f. (pl. geanntracha) = ding1.  E ding1 é

ding1, f. (gs. ~e, pl. ~eacha). 1. Wedge. ~ a chur i rud, to insert a wedge in sth. ~ a chur le, faoi, rud, to chock up sth. Rud a scoilteadh le ~, to split sth. with a wedge. Prov: ~ de féin, adhmad féin, a scoilteas an leamhán, [’it takes a wedge of its own timber to split an elm’, diamond cut diamond. 2. Thickset person. Is é an ~ é! He is a solid man! ~ thú! Good man!

Que traducido é

ding1, f. (gs. ~e, pl. ~eacha). 1. Cuña. ~ a chur i rud, inserir unha cuña en algo. ~ a chur le, faoi, rud, to chock up sth. Rud a scoilteadh le ~, dividir algo cunha cuña. Prov: ~ de féin, dá adhmad féin, a scoilteas an leamhán, ['necesita unha cuña da súa propia madeira para partir un olmo', diamante cortado con diamante. 2. Persoa machista. Is é an ~ é! É un home sólido! ~ así! Bo home!

Hai unha cuña, en Aguiño? Si, e é unha cuña única que penetra desde o mar na terra de Aguiño:

O carreiro non describe ben a unicidade e rareza da península. O carreiro di que alí hai un carreiro que permite ir ata a punta da península. Pero ese carreiro non se ve desde lonxe ou desde o mar. O que se ve desde o mar e desde lonxe é unha cuña, Aguiño. Onde estamos? Ves alí a cuña? Pois en Aguiño.