Valdeón

Submitted by admin on Sat, 04/19/2025 - 18:17

Caín é Caín de Valdeón.  Valdeón é o topónimo guía do Río Cares por moitos km: Mirador de Valdeón, Soto de Valdeón,  Santa Marina de Valdeón, Los Llanos de Valdeón,  Posada de Valdeón, Cordiñares de Valdeón, Via Ferrata de Valdeón,... Vía indica que estamos nunha ruta sinxela seguindo o Cares e Los Llanos indica que é o único val da zona, todos os demais Valdeón indican o camiño Bal de monte.

Este camiño non está no monte, senón máis abaixo, nunha zona máis chaira e con camiños razoables, "humanos", non de alpinistas.

Por comparación, Val parece que é un Bal, camiño empinado de monte. E deón?

Pois temos daón en celta irlandés,  daon, m. (gs. -oin). Lit: Human being. Ou no gaélico escocés  deontas, willingness. Macbain o sitúa como dión, tellado, protección.    

Eu supoño que se están a referir a un camiño de monte razoable, protexido, seguindo a senda do río Cares, para os seres humanos. Un camiño que xera máis tarde poboacións nel. E rodeado de camiños de cabras e de montes.