Sigue a estar na zona de León preto da ou na cordilleira Cantábrica. Pero a evolución celta-galega ou romance antigo-castelán é moi curiosa:
O patrón sería o corno galego convertido en cuerno castelán en Castela. O o latino convírtese en ue en castelán. Neste caso, o o celta porque cona é unha palabra prefixo celta:
cona-2, pref. Great, gross. Grande, Bruto. E bre sabemos de Galicia fai referencia a un lugar alto ou de vistas amplas. Neste caso, as vistas desde abaixo son grandes, circulares e brutales, xigantescas.
Ben, quédanos mirar en Google Maps para ver que a vista en Cuénabres é grande e brutal, poucos lugares en España están rodeados de montañas en curva circular coma neste lugar.
É moi curioso o porque eu recorro frecuentemente a Google maps para describir a toponimia da Gallaecia. Dígoo porque na Xunta fixeron un congreso co Instituto Xeográfico Nacional para ver se eles tiñan algunha pauta para xerar explicacións xeográficas da toponimia. E xuntáronse a fame coa falta de comer. Nin os toponistas oficiais galegos cren que a toponimia servise para algo, fose útil para os seus falantes, porque eles inventan, son creativos, consideran co seu labor é inventar significados coherentes cos europeos, principalmente alemáns. E non coa realidade, e menos xeográfica, quizais algún pensa que si coas plantas, pero non cos animais e menos coa topografía ou xeografía.
E o Instituto Xeográfico Nacional pensa que para que vai ter que ver a toponimia e a topografía e a xeografía se para iso xa existen os mapas que fan eles, o IGN, Os dous grupos trasladan o seu razonamento a hoxe: se existen os mapas para que van denominar a xeografía polos seus accidentes xeográficos. Nos mapas xa hai ríos, lagoas, montes, praias, rías, puntas, cordilleiras ou serras,.. e as poñen nos mapas.
Agora volvamos a realidade de hai 2000, 3000 anos e non temos mapas. Que nome lles poñemos aos lugares nese momento? Pois si, todos inventados. Imos a Italia e preguntamoslle como din eles. Ou viaxamos no tempo e preguntamoslles aos toponistas da Xunta como queren que lles chamemos aos lugares para que eles poidan medrar en libros e páxinas web inventadas.
Dito doutro xeito, a maioría dos topónimos galegos antigos querían facer un mapa de recursos útiles, con descricións autoreferentes. Que é o que fai a Xunta hoxe en día: Dáche unha base de datos de empresas TIC de Galicia ou de lugares turísticos. Pois unha cousa parecida eran os nomes que lle poñían aos seus lugares os nosos antergos.
- Log in to post comments