Santiso, nesta casa

Submitted by admin on Tue, 06/26/2018 - 14:36

Uf! por fin un topónimo que non vou discutir! Santiso é, fixádevos para aprender e facelo noutros casos:,

San=En, en celta

Ti=casa, en celta

So=esta, en celta. Ou só, m. (gs. ~, pl. ~nna).1. Comfort, ease. Xa que logo,... nesta casa ou en casa confortable

Clarísimo, nonsi?

A pregunta que nos podemos facer é cantos concellos galegos non teñen nome celta? Poucos, moi poucos estamos vendo...

Quédanos por imaxinar que foi o que ocorreu nesa casa para que fose relevante darlle o nome ao lugar, agora concello. A miña versión preferida da historia é que foi unha traxedia e historia de amor estilo Romeo e Xulieta. Que fan os alumnos de Santiso que non están contando esa historia de amor reescribindo a obra de Romeo e Xulieta de Shakespeare? A mellor desas historias a publicaremos aquí, en celtia.org...

Lembramos que Santiso é tamén un apelido corrente, polo tanto, un apelido celta.