Seoane

Submitted by admin on Tue, 07/17/2018 - 19:48

Di a wikipedia galega que

O topónimo Seoane deriva do latín Sanctu(m) Iohanne(m), San Xoán[1].

Parroquias

Lugares

Persoas

Co cal xa sabedes que estou en desacordo con esa etimoloxía latina de Seoane. Se Seoane está aquí é porque o considero un topónimo e apelido celta galego. Vexamos como, acabamos de ver Brea, amor, amar e xa viramos tamén TeGra, amor quente. Cal é o amor verdadeiro? pois os dous. Os celtas utilizan polisemia e poli palabras para o mesmo obxecto, ou significado. Quizais derivado de  que a linguaxe é en realidade unha mistura de moitas linguaxes locais que se convirten en palabras aceptadas todas. Vale que digamos Man e Men, pero tamén vale que digamos Fer e Fir. Pode ser que sexan de distintas épocas e unhas palabras  predominen sobre outras dependendo en que milenio estamos...

Ben calquera lingua ten esas variantes (que moitas veces se lles chama sinónimos) e que poden ter lixeiras diferencias de significado e uso. Tanto preámbulo para dicir que Seoane está composta de Seo e seo significa aquí ou este. Se dicimos Seo estamos dicindo o mesmo que lle-aquí nun caso e o mesmo que so-este no outro caso.

Como ne é non unha primeira tradución sería non aquí, ou non para aquí. Ou non un de aquí tamén pode ser. Por certo que xa vimos nelle como alternativa desa frase, pero con menor extensión xeográfica.

O problema, neste como noutros casos, non é traducir o topónimo, senón interpretalo. É un topónimo abundante na nosa xeografía, necesariamente debería ter un papel relevante. A primeira vista a mellor opción está sinalando que neses lugares non teñen xente de aquí, non un de aquí, son os estranxeiros  africanos enviados por Carracedo. Na idade media? Case non se falaba celta... Deixemos ese conto para outro día.

Porque preferir esa tradución? Porque hai outra palabra que, cunha grande profusión, fala de asentamentos da raza. Están dicindo estes son os bós os que nos entenden ainda que vir viron doutros lugares e, pode ser posible, doutros países celtas como Irlanda, ou calquera dos outros existentes. A mobilidade marítima ten que haber sido total dos 4000 anos anteriores aos 2000 anos anteriores e parou coa romanización. Presumir que homes que tiñan que viaxar diariamente 10 ou 20 km para conseguir comida tiñan problema en desprazarse ata Irlanda, por exemplo, en barco, é moito supoñer.

Así temos que, por unha banda celebramos os asentamentos da raza, de irmáns celtas doutros lados e distinguimos os lugares que teñen "unha" persoa non de aquí. Problema, como se chaman os asentamentos da raza?