Na Galipedia, a Wikipedia en galego di:
Un curmán[1] é o fillo dos tíos e das tías, é dicir, os descendentes dos irmáns dos pais. Aínda así, este termo de parentesco pode ser usado nun sentido máis laxo: fálase de curmáns cando se comparten ascedentes comúns en graos sucesivos. Así, curmáns segundos son os fillos dos curmáns dos pais, os curmáns terceiros, os netos dos curmáns dos avós e así sen limitacións. Para diferenciar estes graos ás veces úsase o termo curmán irmán para curmáns de primeiro grao (fillos de irmáns dos pais).
Os curmáns son o grao máis achegado de parentes que poden contraer matrimonio segundo o costume occidental, sen caer no incesto. En realidade, os matrimonios entre curmáns son comúns na nobreza (para manter a liñaxe).
Porén, o concepto de curmán non é universal. O sistema de parentesco indica que a terminoloxía debe ser usado:[2]
- O parentesco esquimó cre que a familia nuclear é a cousa máis importante e por esta razón designa co mesmo nome todos os nenos de tíos e tías, sexan de liña paterna ou materna.
- O sistema de parentesco hawaiano só distingue entre membros de diferentes xeracións e por sexo, e así irmán e curmán reciben un mesmo termo e irmá e curmá outro, sen existir o termo curmán como tal.
En primeiro lugar remarcar o sentido laxo do termo "fálase de curmáns cando se comparten ascedentes comúns en graos sucesivos". En segundo lugar, cando eu falaba de que os ingleses, irlandeses e escoceses eran primos nosos falaba en sentido virtual ou figurado. Se houbese dito os ingleses, irlandeses e escoceses son curmáns nosos non sería sentido figurado senón real.
En fin, curmán é unha palabra celta, e o podedes supoñer polo man que contén. Cur (ademais de vómito e escuma no irlandés actual) é poñer. Así que curmán é home posto, situado, asentado, acollido no clan-home do clán, polo tanto algo parente, pero sen ningunha precisión na súa orixe. E con posterioridade, polo que coñecemos no galego que alcanza a acepción de "primo", ainda que conserva a acepción xenérica orixinal de parente, aínda lonxano.
Na miña familia utilízábase primo e curmán indistintamente, de aí que eu siga a facelo. Xa daquela tiñamos claro que curmán e primo eran ou tiñan orixes diverxentes, non da mesma lingua.
- Log in to post comments