Xa o contamos coa entrada "Quente aquí", polo tanto estamos poñendo un remake e solución desa entrada. (pon en Buscar quente aquí e verás que se contaba e porque era ese nome en Miño)
Tamén temos a foto de Miño que contén o letreiro citado. O número de entradas na toponimia galega con telle pasa de 500. Hai un cortelle (lugar quente aquí) pero a maioría son telleiras e telleiros. O cal suxire fornos de obxectos de barro como as tellas, as telleiras son lugares onde se quentan as tellas e obxectos de barro (olerías, oleiros). Non sei desde que momento se empezan a utilizar tellas nas casas de Galicia. Probablemente desde a época romana. Pero os fornos de barro son moitísimo máis antigos.
Dado que a etimoloxía de teja é perfectamente coherente http://etimologias.dechile.net/?teja as tellas galegas terán ese orixen latino co ll e non co x debido á interferencia das telleiras e de telle, probablemente.
En canto ao concello ourensán de Cartelle ten dúas solucións: unha supoñer que é un Cortelle co o orixinal cambiado a a e xa o explicamos ou ben mantemos o Cartelle e teremos carro quente aquí que podería ter o sentido de ferrería das partes de ferro do carro.
Car, de novo, é puro inglés, e puro celta e nada das pedras do francés famoso. Pero todos xa sabemos que car-ro carro demasiado, grande ou pesado, distinguindo do car que debeu ser un carro lixeiro, xa sabíamos que carro era de orixe celta. Nada novo, excepto que procede de car.
Os latinoamericanos seguen a dicir carro e vez de coche e nós deberiamos dicilo tamén como palabra nosa, de orixe nosa, en vez do coche. Senón dicir directamente car que é unha palabra máis suave e tamén de orixe nosa.
O apelido Carro é celta, xa que logo.
- Log in to post comments