Gui

Submitted by admin on Fri, 08/03/2018 - 19:00

En primeiro lugar porque digo que Goi é oración, e porque vou dicir que Gui é oración e ademais é o nome de orar e oración máis extendido. Vouno facer desta vez moi formal posto que está en discusión co Wi xermánico.

Veremos: un libro de Old Irish presenta o seguinte

guide, f. praying, prayer ; verb, noun of guidid. guidid, prays ; pres. subj. sg. i -ges, sg. 2 -geiss, sg. 3 -g6, rel. ges, pi. i -gessam, rel. gesme, pass, gessir ; fut. sg. i gigse, -gigius, sg. 3 rel. giges, pi. 2 gigeste ; perf. sg. i rogad, sg. 3 rogaid, pass, rogess ; part, necess. gessi.

Strachan, John. Old Irish paradigms and Selections from the old-Irish glosses : with notes and vocabulary (Kindle Locations 3798-3801). Dublin : School of Irish Learning. Kindle Edition.

No Irish actual oración dise guí, naturalmente, e orar a Deus é "guí le Dia". No diccionario irlandés-español

oración • s paidir f, guí f, urnaí m, abairt f

orar • v guigh

Sáenz, Juan. Diccionario Pocket Irlandés (Spanish Edition) (Kindle Locations 3019-3021). Fluo!. Kindle Edition.

Por outra banda a toponimia galega que contén Gui na palabra  pasa de 2000 topónimos. Algúns non teñen que ver coa oración como as aguias, o reguiño, a fraguiña,...

Pero outros como Guimaráns, Guisande, Guísamo e Guitiriz, si...

Empececemos por Guimaraes (o equivalente portugués de Guimaráns) a primeira capital de Portugal. Todo o mundo asegura que vén dun galego Vímaro, conde de A Coruña,  que  conquistou a cidade.

Hai 13+6 Guimaráns na toponimia oficial, moitos en Ames, Brión, Lobios, Campo Lameiro,... Todos son en honor ao conde Vímaro? +6 Guimarás E non están rexistrados todos. En canto a Guitiriz hainos en A Capela, Mesía e Monfero, ademais de no concello de Guitiriz. Había alí, tamén, Witiricos?

Ou e un proceso multimilenario máis antigo?

Só anotar nesta nota (para dar tempo a dixerir que Guimaraes non vén de Vímaro nin de Guímaro) que Goi é unha variante dialectal de Gui, orar, e que se un vai a Goimil, en Vilarmaior, ten que pelexar con tres tipos de letreiros -

-Os que poñen Güimil

-Os que poñen Guimil

-Os que poñen Goimil

En resumo: Goi=Gui=Güi=oración, orar